29/11/13

 O día 20 de novembro fomos de excursión ao parque de Sotavento, onde nos explicaron moitas cousas interesantes.
Neste lugar tivemos o privilexio de ver unha casa ecolóxica, onde nos explicaron como se podía ter un maior aforro enerxético, así como tamén puidemos ver como estaba todo instalado para obter un maior aforro .
A continuación tamén fomos a unha sala onde nos explicaron o funcionamento das enerxías renovables e non renovables,ensinándonos unhas maquetas nas que se vía o funcionamento real dos diferentes tipos de enerxías.
Tamén nos expliacaron os danos que producen os coches así como o resto de vehículos que funcionan con combustibles, e a cantidade de medidas que se poden tomar para reducir a contaminación.
Aquí tamén nos ensinaron un coche eléctrico que eles teñen, e unha bicicleta que funciona por medio de elctricidade.
Sobre este tema tamén nos fixeron mención das vantaxes que ten o uso dun coche eléctrico, polo que todos deberiámos utilizalo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario