24/11/13

Sotavento

O pasado mércores, 20 de novembro, tivemos unha excursión ó parque eólico de Sotavento.
Alí contaban cunha casa ecolóxica, na que nos foron explicando as diferentes formas de aforro en cada unha das habitación da casa, entre eles o aforro de luz, auga,...
Acabada a visita na casa, dirixímonos o local onde nos explicaron o funcionamente das diferentes enerxías renovables e non renovables, cos distintos tipos de maquetas que tiñan, para que visemos máis claramente o funcionamento.
A excursión rematou nunha sala, onde nos deron unha charla sobre o aforro dos distintos coches, con imaxes e gráficas que contaban cos datos de aforro.
Finalmente ensináronnos o coche eléctrico do que dispoñían, e convidaronnos a volver visitalos e poder probalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario