24/11/13

Visita guiada en Arzúa con Fernán López

O pasado luns, 11 de novembro, puidemos asistir a unha visita guiada por Arzúa en mans de Fernán López.
Comezamos esta actividade contra unha parede en branco, sen ningunha distracción, para que abrisemos a mente e pensásemos e valorásemos as cousas.
Unha vez acabado esto, explicounos brevemente como funciona a súa empresa e ensinounos algúns clientes da multitude que ten.
Tras este resume comezou a darnos unha charla sobre como el traballa os diferentes recursos materias con recursos inmateriais, e como así realiza el as visitas.
Pola tarde, comezamos a ruta por Arzúa. Na primeira parada escoitamos cantar a Xurxo, pertencente ao grupo Treixadura.
Despois fixemos outra parada na biblioteca municipal, donde vimos as bruxas que coleccionaba Moncho, o encargado da biblioteca.
Seguidamente diriximonos a pizzería de Pila, onde se fan unhas tapas co producto propio de Arzúa.
Unha das paradas que máis gustou, foi a da carnicería de Luis e a súa vaca. Onde nos contou que moitos peregrinos paran a preguntar polo leite da vaca.
Na praza, quedamos coa representante de cultura do concello, coa que estivemos charlando sobre si houbese un guía en Arzúa, que axuda recibiría.
Finalmente dixirimonos á zona da feira, facendo antes unha parada na tenda dunha señora onde había de todo, alí atopámonos con Rosa, que estivo actuando un pouco.

Nesta visita Fernán conseguíu que vísemos cousas que están ahí e que pasan desapercibidas cando non lles damos importancia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario