4/11/13

Nesta asociación encárganse de levar a cabo unha labor de custodia dos terrreos,para un correcto mantemento da flora e a fauna existente nos lugares que se van protexer.
A actividade desta asociación básase na conservación de masas de auga naturais, especies animais en perigo de extinción etc.
Tamén se encarga do mantemento de masas arbóreas propias da zona e de ir eliminando as masas invasoras.
Esta labor lévase a cabo mediante persoal voluntario que se encarga de limpar as marxes dos ríos de maleza, cortar as arbores e malas herbas invasoras.
Para manter esta actividade, a que todos nos deberíamos unir, e moi importante participar nos rastrillos que se pasan cada certo tempo, de tal xeito que cada persoa que participa doa a cantidade que quere de diñeiro.
Para menter os nosos montes en bó estado todas as persoas deberían axudar a esta entidade, xa que se todos colaboramos podemos ter unha maior biodiversidade e tamén manter o que a natureza nos ofrece de forma natural.




No hay comentarios:

Publicar un comentario