24/11/13

O Luns 11 de Novembro veu de combidado ao I.E.S de Arzúa o guía Fernán López. Fernán é un guía especial xa que a súa función é interpretar o patrimonio. Falounos do patrimonio dende unha perspectiva semiótica unindo deste xeito o patrimonio material, por exemplo unha fonte, co patrimonio inmaterial, por exemplo unha cantiga; para mostrarnos así o verdadeiro patrimonio.
Ademáis como guía deunos uns consellos para levar a cabo correctamente esta función; consellos tales como ser riguroso, metódico, contrastar sempre información, ser puntuais, e, sobretodo, integrar a xente do lugar no recorrido para escoitar de primeira man o que nos ten que explicar sobre o patrimonio da súa vila.

Finalmente, da man de Fernán, fixemos unha estupenda visita guiada pola vila de Arzúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario