13/11/13

O lunes tivemos unha visita moi agradable o centro. Un guia esperimentado dounos unha charla de maña comentandonos que non todo e como nolo pintan e que nesta vida hai que tirar pa diante por moi dificiles que nos poñan as cousas, tentandoo ainda que sexa polo noso propio pe e vendo as cousas dende outras prespectivas. Dounos valiosas pautas de como deve ser un guía e como impresionar ó cliente e sobre todo que non todo e o valor material das cousas e o patrimonio, se non que éstes teñen ainda un máis amplio valor inmaterial. Éste valor pode ser un recurso o cal poda ser de gran axuda para todo aquel que nun futuro exerza a profesión ou outras similares empregando a arte,cultura,tradicións etc... Incentivou os presentes a ter iniciativa propia e a que calquera e capaz de obter o seu obxectivo se realmente une todos os seus esforzos nunha mesma dirección. O seu obxectivo era abrirnos os ollos cousa que a miña opinión consegueu na maioría. Pola tarde tivemos oportunidade de experimentar na práctica moitas das pautas e valores que el nos espuxera de mañá nunha espectacular camiñata pola zona urbana de Arzúa sorprendendonos a todos da riqueza escondida da vila utilizando o patrimonio inmaterial da mesma a cal nin sospeitábamos que daría para tanto e que sería tan entretida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario