7/11/13

FRAGAS DO MANDEO

O pasado 25 de outubro acudimos a unha charla interesante que nos aportaba un dos membros da Fundación Fragas do Mandeo. Na charla explicousenos o que pretendían conseguir, mediante que medios, e para que o querían e queren conseguir. Esta fundación adícase maioritariamente a custodiar a ribeira pola que transcurre o río Mandeo.  Para que sexa posible facelo, aproveitan calquera tipo de doazón e rastrillos en feiras para conseguir fondos, non para lucrarse económicamente, se non para intentar adquirir as fincas que rodean a ribeira. Con isto pretendían desfacerse das especies que non foran favorables as fragas e sustituílas por outras especies con máis virtudes e aproveitamentos para o medio. Aparte querían limpar e manter limpa a zona xa que os seus donos non o fan e non é positivo para o lugar.

Finalmente, informousenos sobre os próximos rastrillos que farán, e onde podemos contactar con eles para facer calquera tipo de doazón para axudar a esta causa que fan con esforzo e perseverancia sen recibir nada a cambio.

Este é un resumo sobre as cuestións a tratar da dita charla.










Técnicas de Educación Ambiental     5/11/2013                                                   Manuel González Galego

No hay comentarios:

Publicar un comentario