24/11/13

Fragas do Mandeo

O pasado venres, 25 de outubro, contamos coa visita de Carlos Silvar.
Coa súa charla, deunos a coñecer cal era o obxectivo da asociación á que el pertence, Fragas do Mandeo, que se realiza en Mariñas, cun espazo natural protexido.
 Esta asociación é unha entidade de custodia do territorio coa que se pretende conservar os territorios en bo estado, eliminando as especies invasoras e conservando as autóctonas.
Esta asociación está formada por xente voluntaria que non conta con ningún tipo de suvención, senon que organizan unha serie de actividades para obter ganancias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario