25/11/13

Charla con Fernán López Álvarez.

A charla que nós impartiu Fernán estivo dividida en tres partes diferenciadas:
  1. Como debe ser ou que características debe de ter un guía de Espazos Naturais e Interpretación do Patrimonio:
    1. Según nós contou un guía o primeiro que debe de ter e puntualidade, e moi rigorosa “como el nós demostrou”.
    2. Ten que ser crítico e estar ben informado a hora de dicir algo,ter moita información e contrastada de todos os puntos de vista posible.
    3. Debe posicionarse, non pode ser imparcial ante o debate dalgún tema.
    4. Debe de ser unha persoa con don de xentes a que non lle intimide facer o ridículo nin lle preocupe o “que dirán” polo que estou a facer.
    5. Debe de ter dotes interpretativas, coñecementos xerais da sociedade, coñecementos psicolóxicos, de historia, etc...
    6. Un guía debe ser moi constante no seu choio, xa que require moitas horas de investigación previas antes de realizar as rutas.
    7. Ter vocación de guía, e para elo propúxonos un exercicio de reflexión o comezo da charla, o cal tivo que facer el nun curso de psicoloxía en Avila. Este consistiu en:
      1. Primeiro pornos de cara a unha parede en branco e pechar os ollos, deste xeito atopariámonos con nós mesmos.
      2. Reflexionar en qué queremos facer na vida.
      3. Unha vez que xa sabemos o que pretendemos facer, pensar en se o sistema nós ofrece as ferramentas axeitadas para chegar o noso obxectivo ou non.
      4. Por último de non ter as ferramentas axeitadas, pensar se nós nos imos amoldar o sistema que hai na sociedade ou se loitaremos por buscar outras ferramentas que nós leven o noso obxectivo.
  2. A súa empresa de guiado por Espazos Naturais.
    1. Para a posta en marcha da súa empresa só necesitou comprar unha furgoneta para levar xente as rutas, e gastar moita gasolina facendo moitos kilómetros de investigación previos a esas rutas.
    2. Buscou colaboradores: tanto en bares, empresas de servizos, de catering, etc.
    3. Mantén contacto coa poboación local que sempre aporta cousas novas as rutas, sabe lendas, historias, etc.
    4. Fai regalos os seus clientes, que el mesmo crea.
  3. Interpretación do patrimonio.
    1. Según nos explico o patrimonio e un ben formado por dúas vertentes os elementos materiais ou físicos que son os que vemos, e os elementos inmateriais, que son as historias, lendas, contos, etc, que se lle agregan os elementos materias.
    2. Os elementos inmateriais, son os recursos mais empregados polos guías, xa que é un valor engadido o patrimonio material que ten por misión protexelo, e configurar vínculos entre estes e a xente.
  4. Conclusión:
Está claro que no mundo que engloba o ciclo formativo que estamos a facer hai moitas saídas diferentes non só a do mundo forestal. Pero tamén e certo que aínda que o pareza ningunha delas é sinxela nin factible para todos, xa que como dixo na charla hai que ter unha serie de cualidades innatas, as cales algunhas descríbense no punto un, e que a meirande parte de nós non temos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario