25/11/13

CHARLA E VISITA GUIADA POR FERNÁN.

O pasado día 11 de Novembro, Fernán foi convidado polo IES de Arzúa onde nunha charla á mañá nos falou da súa particular visión sobre a Interpretación do Patrinomio, e pola tarde levounos de ruta pola vila.
Na charla falounos de cómo él interpreta o patrimonio, e fundamentalmente da súa empresa: Rutas Vivas.
Rutas Vivas é una empresa que presta un servizo de guía de Espacios Naturais Protexidos en Galicia, visitando calquera lugar que se desee visitar, explicando con rigor e profesionalidade.

Tamén nos deu un avance do que íbamos facer á tarde, una visita guiada pola vila. Así mesmo, deunos uns pasos importantes para un bo guía como a de chegar o lugar onde están os participantes polo sitio en que imos comezar a visita, levar a ruta ben aprendida e explorada… sepre buscando sorprender. Con isto, comenzamos a ruta.

En primeiro lugar, Fernán sorprendeunos nas proximidades ó instituto con un home que participa nunha asociación musical e que constrúe figuras de madeira.

Logo entramos na Biblioteca de Arzúa onde descubrímos una colección de Brúxas importante e o mesmo Fernán pediu os alumnos que alí se encontraban e que vivían na vila que pedisen o ayuntamento una vitrína para colocar a dita colección.

A continuación, fixemos una pequeña parada na Información Turística de Arzúa a cal estaba pechada por problemas económicos polo que a información foi escasa.
Nas proximidades a esta, encontramos con Pilo, propietaria da Pizzería O Rueiro. Mostrounos as tapas típicas do seu negocio ( queixo de arzúa con membrillo), e a importancia do Queixo de Arzúa nas súas recetas. Algo importante dos que nos pretendeu convencer foi de que non deixemos modificar o Camiño de Santiago ao seu paso por Begonte, Sobrado dos Monxes, Arzúa…asistindo as manifestacións.

A Iglesia da Magdalena foi outro lugar citado por Fernán, así como o Albergue que se encontra ao carón da mesma.

Preto destes lugares citados, paramos nunha carnicería que sorprende os turistas pola vaca que se mostra no escaparate do negocio e ali se atopaba o dono da mesma onde nos contou a historia da vaca.

No cento da vila, atopase una pequeña plaza, a Praza de Galicia, onde entramos en contácto coa Conselleira de Turísmo do Concello da vila a cal nos amosou a súa particular opinión sobre a importancia turística de Arzúa, do Camiño de Santiago etc…

Finalizando, Fernán amosounos a tenda dos Valiño, de gran importancia fundamentalmente en anos anteriores xa que era como actualmente un centro comercial, pois podiase atopar case de todo.


A última parada foi na Praza da Feira, onde de forma repentina apareceu una señora (“a actriz de arzúa”).

No hay comentarios:

Publicar un comentario