19/11/13

Charla e Guía de Espazos Naturais


O luns 11 de Novembro tivemos unha charla matutína e unha guía programada polo centro de Arzúa a cargo do guía galego Fernán López Álvarez.En primeiro lugar,amosounos cunha actividade a diferenza entre recursos materiais e inmateriais,explicandonos o motivo polo que debemos apreciar o que temos.

Despois disto,comentounos brevemente en que consiste a súa empresa,os diferentes tipos de cliente que tivo e que formación hai que ter para ter salida niso.

Ao acabar de mostrarnos como traballa,explicounos as pautas necesarias para ser un bon guía;os trucos,os recursos que sole empregar,os tempos,etc...

Rematada a charla,despedímonos de Fernán ata a tarde.

Durante a guía por Arzúa visitamos distintos sitios,nos que apreciamos diferentes tipos de recursos,aparte diso,o que Fernán pretendía era mostrarnos cousas coas que normalmente non nos fixaríamos pero que teñen un gran valor tanto cultural como artístico.En cada parada fixemos fotos cos que dalgun modo son os representantes de mostrar os diferentes tipos de recursos que neste caso hai en Arzúa.

                                                                                                                       Manuel González Galego

No hay comentarios:

Publicar un comentario