24/11/13

Charla e visita guiada por Arzúa

    !Empezar unha charla con tódolos asistentes de cara á parede! ¿A quen se lle acorda? Pois a él, só a él, a Fernán, de Rutas Vivas. Un intérprete do patrimonio moi particular que nos visitou no IES de Arzúa o día 11 de Santos.

   Foi un bó inicio, un momento de impacto, de confusión, que nos levou a onde él quería ir, a un intre para a reflexión. Reflexión sobre o noso presente, o noso futuro, a nosa vida, a nosa historia, o noso patrimonio...

   Deste patrimonio veunos falar, contar, facernos entender e facernos ver, máis ben mirar, abrir os ollos e observar a nosa contorna, abrir o corazón e observar a nosa contorna... a mesma persoa, dúas miradas...

   Ämosounos en poucas palabras e de forma gráfica cómo debe ser un intérprete do patrimonio. Cómo o patrimonio material, o inmaterial e  o natural son un todo que non se pode tratar por separado. Cómo un é un valor engadido ó outro e como un guía ou un non guía, debe ter por misión protexer eses valores.

   Chaman a miña atención dúas cousas:

     - A súa expresividade. Recoñéceuse tímido, mais ten tanta expresividade nos ollos, na cara, nas mans, no corpo, tal axilidade de movementos, que resulta difícil crelo. Cando nos foi desglosando a cantiga da fonte, él parecía fluir cando ela, unhas veces serio, outras cantareiro, pero sempre en movemento.

    - O seu posicionamento. Na teoría tiñamos dado que un guía non se podía posicionar sobre un tema, mais Fernán, obvia a teoría e racha cós tópicos, e él, Fernán, un guía particular que fai valer as súas opinións e respecta as dos máis. Se un intérprete debe relacionar a interpretación coas súas vivencias e a súa personalidade, él soubo facelo interesante.

   Horas máis tarde saímos visitar Ärzúa na súa compaña. Importante, sempre o grupo unido e sempre para todos e cada un de nós. Información básica antes da partida, de ónde vir, cómo falar, cómo prepararse... foto e partida.

   Poucos metros para a primeira parada. Premio á improvisación. A personaxe a visitar tivo que ausentarse e houbo que buscar un substituto, quen mellor para iso que Xurxo Raposo do Orfeón Treixadura...A mín gañoume pola man... a súa nana, a súa voz.... Fermoso!

   A seguinte parada foi na Biblioteca Pública Rosalía de Castro. ¿ Pode unha biblioteca ter algo máis interesante que libros? Sí, aquí vímolo, o propio bibliotecario, Torreiro, e a  súa colección de bruxas necesitada dun expositor; pelegríns do Camiño coñecendo a biblioteca... Lástima non ser hora de contacontos!

   Volta polo mesmo camiño para facer unha parada na oficina de turismo e falar con Mari, quen nos acompañou todo o día e nos falou do paso dos pelegríns por Arzúa. Gracias Mari, porque seguro que a túa man estivo detrás desta ruta.

   ¡Hora de xantar! Non tal, máis parada na pizeria de Pila, muller entregada ós productos de Arzúa e ó Camiño Francés, onde as haxa! Á ser un placer voltar visitarte e probar as túas premiadas tapas.
   Camiñamos polo pobo, imos pasando monumentos típicos que hoxe non son do noso interese, máis Fernán mencionaos para satisfacer a nosa curiosidade. A súa misión é informarnos...
   Parada seguinte nunha carnizaría das de vello, onde escoitamos as particularidades da vaca que garda o escaparate e agardamos que nos servisen un vaso de leite recén ordeñado. Non puido ser, o amo que a muxe tivo que sair coñecer as novas netiñas. ¡Felicidades! Hoxe perdoámolo.

   Na Alameda do pobo escoitamos a Pilar, concelleira de Turismo de Árzúa, que nos informou sobre a situación da localidade con respecto ó turismo, da inexistencia de empresas turísticas especializadas e das axudas que poderiamos ter de montar unha. Sen comentarios...

   Comeza a anoitecer e pasamos pola ferraxería-bazar das irmás Valiñas. Xa ten anos a tenda! Coñécese dentro e fóra de Arzúa porque non ten fondo! O que sí ten é unha dona encantadora que se presta á algarada e saíu á porta a brindarnos un saúdo. Gracias Señora.

    Despedida con sorpresa no Campo da Feira. Fomos literalmente asaltados por Rosa, a non actriz de Arzúa. Ós seus anos ten un espíritu que moitos quixeran para sí...¡Qué ánimo, qué memoria e qué humor! Gracias Rosa, porque a túa actuación foi algo máis que unha lección de interpretación, foi unha lección de vida e de gañas de vivila.

   Foto de familia e despedia. Máis esquezo algo. Gracias Fernán por prepararnos esta ruta e amosarnos que podemos ver moito máis que igrexas e estatuas, por contar coa xente do pobo, que está aí desexando participar e cando teñen ocasión dan o mellor de sí. Gracias por ser un intérprete do patrimonio particular. Gracias por ser Fernán.

Imaxe:https://lh6.googleusercontent.com/-RaKAU3HYOC0/UoHm3F54rBI/AAAAAAAACpc/mA19GBaRV30/s128/Imagen%20016.jpg

No hay comentarios:

Publicar un comentario