14/11/13

RESUMO DA VISITA GUIADA POR ARZÚA CON FERNÁN LÓPEZ ÁLVAREZ

Este luns tivemos unha charla e unha visita guiada realizada por Fernán López Álvarez , onde primeiro nos deu unha charla explicandonos o que el estudara e porque se decicidiu a ser un guía de espazos naturais.
Aparte disto explicounos mediante unha presentación o que era o patrimonio inmaterial.
E tamen nos animou a revelarnos de cara a esta situación tan crítica que estamos vivindo e mellorar as cousas.

Despois desta charla ; pola tarde iniciamos unha visita guiada por Arzúa onde Fernán nos foi explicando todos os pasos e normas que un guía debe cumplir, como por exemplo : puntualidade, o guía sempre debe vir polo lugar que vai a realizar esta ruta etc..
E a partir de ahí partimos a nosa guía por Arzúa onde fernán soupo sacarnos unha sonrisa a todos os lugares os que nos levou, levounos primeiramente a coñecer a xurxo un cantante de treixadura , despois fomos a biblioteca onde dunha colección de bruxas sacou un patrimonio inmaterial de arzúa , máis adiante levounos a unha carníceria , onda a conselleira do concello e finalmente fomos ata a zona da feira onde nos entretivemos duns momentos moi cómicos con unha actriz de Arzúa onde nos dixo que sen a xente de arzúa todos estes patrimonios que Fernán nos ensinou non durarían nin seguirían existindo xa que sen a xente de Arzúa e un propio patrimonio inmaterial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario