21/11/13

Visita guiada por Arzúa con Fernán

O luns 11 de Novembro tivemos a oportunidade de recibir Fernán López Álvarez, un experimentado interprete de espazos naturais. En primeiro lugar, comezou por querernos abrir a mente mediante unha actividade que consistía en mirar cara unha parede totalmente baleira co nos intentou explicar a diferencia entre recursos materiais e inmateriais, explicándonos o motivo polo que debemos apreciar o que temos aproveitando e valorándoo o máximo posible.
A continuación, contounos a qué se adicaba a súa empresa, os diferentes tipos de clientes que tivo e as diferentes cousas que lle pedían dependendo da persoa, e por último a formación imprescindible que hai que posuír para ter saída laboral. Logo de falarnos acerca da súa empresa e das súas experiencias, explicounos as pautas que debe seguir un bo guía, os trucos, os recursos que soe empregar, os tempos para acadar o éxito.

Pola tarde realizamos unha ruta polo pobo arzuá, na cal puxo en práctica os coñecementos que nos transmitiu na charla. O primeiro deles foi que un bo guía sempre debe vir polo lugar onde vai comezar para dar a entender que coñece que se vai a percorrer. Outro bo consello que nos ensinou foi que o primeiro recurso tiña que estar cerca do lugar de onde partiría a ruta. A continuación recibimos a Xurxo, integrante do grupo de Treixadura, que nos cantou unha pequena cantiga, o cal veu no lugar do seu irmán que por motivos que se descoñecen non puido asistir.

Máis tarde fomos ata a biblioteca municipal “Rosalía de Castro” onde estivemos con Moncho, o bibliotecario, que nos ensinou a colección de bruxas da que dispón dita biblioteca. O propio Fernán pediu aos arzuáns que fosen ao concello pedir unha vitrina para poñer en exposición ditas bruxas. Desde ahí fomos a oficina de información turística donde se nos informaron da multitude de xente (a maioría peregrinos) que pasa por Arzúa.

Na pizzería “O Rueiro” recibiunos Pila invitándonos a ver como se facían unhas tapas coas que gañou múltiples premios, aínda que quedamos coas ganas de poder probalas. Seguimos avanzando ata chegar á pequena capela da Madalena donde nos explicou os seus múltiples usos o longo da súa historia.

Logo fomos visitar a carnicería de Luís e a súa vaca, pero o seu dono non nos puido posto que ese mesmo día foi avó, esta tenda é unha das máis antigas de Arzúa xunto coa ferretería das irmáns Valiñas pola que tamén pasamos.

 Xa por último estivemos coa representante de cultura do concello e cando pensamos que remataramos, chegou de súpeto Rosa a cal nos animou cunha pequena actuación que moitos de nos picou como se fosemos nenos pequenos. E ata aquí a visita con Fernán a cal sen pensalo dúas veces volvería repetir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario