7/11/13

Resumo sobre a charla Fragas do Mandeo
O pasado venres día 25 de outubro Carlos Silvar veu a dar unha conferencia no IES de Arzúa.O seu obxectivo era dar a coñecer o traballo que fai a fundación á que pertence,Fragas do Mandeo.
Fragas do Mandeo é unha entidade de custodia do territorio,é dicir,tenta manter os territorios en bo estado e sen especies invasoras,para que as autóctonas poidan crecer sen problema.O que fan e intentar conseguir territorios abandoados ou sen acceso,xa que estes son os que máis especies autóctonas conservan,e eliminar as especies invasoras que existan nese terreo para que asi a natureza cree por si mesma as especies que teñan que nacer aquí.
O lugar onde se centran é a comarca de As Mariñas,formada polos concellos de A Coruña,Abegondo,Arteixo,Bergondo,Betanzos,Cambre,Carral,Oleiros e Sada,e tamén ten influencia sobre outros concellos como Curtis,Oza dos Ríos,Sobrado dos Monxes...
É unha fundación que non gaña nada polo seu traballo,polo tanto ten que manterse a base de pequenas doazóns,ben directamente con cartos ou ben con obxectos que despois venden en pequenos postos,e de persoas voluntarias.
Polo tanto,para eles sería moi importante a colaboración de todos nos,xa que non teñen outro medio.


Cristian Sandá Fontecoba



No hay comentarios:

Publicar un comentario