29/11/13

 O día 20 de novembro fomos de excursión ao parque de Sotavento, onde nos explicaron moitas cousas interesantes.
Neste lugar tivemos o privilexio de ver unha casa ecolóxica, onde nos explicaron como se podía ter un maior aforro enerxético, así como tamén puidemos ver como estaba todo instalado para obter un maior aforro .
A continuación tamén fomos a unha sala onde nos explicaron o funcionamento das enerxías renovables e non renovables,ensinándonos unhas maquetas nas que se vía o funcionamento real dos diferentes tipos de enerxías.
Tamén nos expliacaron os danos que producen os coches así como o resto de vehículos que funcionan con combustibles, e a cantidade de medidas que se poden tomar para reducir a contaminación.
Aquí tamén nos ensinaron un coche eléctrico que eles teñen, e unha bicicleta que funciona por medio de elctricidade.
Sobre este tema tamén nos fixeron mención das vantaxes que ten o uso dun coche eléctrico, polo que todos deberiámos utilizalo.



VISITA GUIADA CON FERNÁN

VISITA GUIADA CON FERNÁN

O pasado dia 11 de novembro asistiu como convidado o IES Arzua Fernán para darnos unas  directrices  da labor que desempeña como interprete da natureza.  Como traballa na sua empresa, RUTAS VIVAS, e da forma particular e rigurosa que ten de interpretar e comentar  a sua visión dos Espacios naturais de Galicia.
Pola tarde no comenzó da visita dounos  mais información sobre ela ser puntuais, sair a visita polo lugar do que el ben para aparentar mais coñecemento da zona, ser rigurosos coa información…
Na visita sacou petróleo do deserto porque sorprendeunos gratamente con cousas moi sinxelas:
Preto da zona acordada para iniciar a visita estivemos cun dos componentes de Treixadura e que ademais traballa a madeira.
Levounos a biblioteca para descubrir que ali se encontraba una colección de Bruxas.
Fomos a Pizzería o Rueiro donde a sua dona Pila nos mostrou as tapas típicas que ali se fan con queixo de Arzua, que utiliza en todos os seus pratos.
Paramos na oficina de información, que van cerrar, na igrexa da Magdalena e no albergue.
Na carnicería tivemos falando co propietario da vaca do escaparate que iso si foi una verdadeira sorpresa porque nunca pensei que iso fose un recurso.
Diante do Concello estivemos falando coa concelleira de turismo que nos contou a implicación en futuros proxectos.
Para rematar apareceu en escena “a actriz “ que nos fixo algo de teatro, cantou e bailou.

Pareceume moi interesante e divertido saber que de onde non hai nada aparente se poden encontrar moitos recursos.

28/11/13

visita o centro de interpretación do mel e a fervenza de portedemouros.

O venres pasado tivemos a fortuna de visitar o centro de interpretación do mel e a cascada de portedemouros localizadoas por sorte moi preto de Arzúa. No museo do mel estibemos vendo todo o centro mediante unha visita guiada e tibemos a oportunidade de probar o producto elaborado no centro: a mel e a jalea real. De seguido tivemos a oportunidade de visitar unha das fervenzas máis espectaculares da zona, a cal foi unha visita moi entretida e fascinante. Na miña opinion foi unha das visitas máis entretidas do ano polo de agora

25/11/13

Custodia

Bos a todos de novo. Hoxe teño o pracer de contarvos con algo de retraso eso si pequena clase apurada de que é una cadea de custodia. Menuda incertidume a verdade é que nunca tal cousa escoitaara. Un home esforzouse en explicarnolo no ies de arzua xa ai duas semanas. Con empeño tratou de demostrar como pequenos xestos no medio natural podian facilitarlles a vida a moitas especies tanto animais como vexetais unha simple casiña de paxaros una corta intermitente de madeira todo todo podia ser considerado mellora de habitad e portanto custodia. Este termino compromete a duas persoas o propietario do terreo o cal e dirixido e aconsellado polo custodiante que velara polos intereses tanto do propietario como dos seres vivos que viven nesas terras sempre respetando a ultima palabra do propietario.
Persoalmente resultoume moi curioso este tipo de asociacións interesadas na custodia de terras so por o mero simple de protexer mais activamente a vida animal. Destacar tamen que o horador carecia de carisma e de caracter de narrador non obstante xa mais persoalmente demostrou a sua inquedanza persoal por este tema.
Un saudo a todos e ata a vindeira entrada.

Visita guiada por Fenan


VISITA GUIADA POR FENAN

La visita de Fernán me pareció en general muy constructiva desde el principio, su interés porque nosotros sintiésemos lo que el, su manera de dirigirse a todos, se le vio pasión, amor por lo que hace. A su ves que compartía experiencias transmitía esperanza por el futuro, de que hay posibilidades de trabajo en lo que se refiere al medio ambiente y como intérprete.
Las anécdotas vividas por él, los consejos, maneras de sacar partido hasta de lo más insignificantes para nosotros, demostrando que detrás de una leyenda, canción, construcción, o persona hay muchas historias que contar a los turistas.
En lo que se refiere a la visita guiada me quede sorprendido, creí que Arzúa al ser un pueblo chico no tenía mucho que mostrar, pero para mi desconocimiento fue todo lo contrario, como la primera parada de la caminata en que tenía preparado a un músico que canto a capella emocionando al grupo en general (un recurso con el que nunca me pensé encontrar en una ruta turística). Luego cuando fuimos a la biblioteca en que nos demostró que no hay solamente libros, que hay otros tipos de entretenimientos para personas o niños como cuenta cuentos o una exposición de brujas a la que se le puede sacar partido. La pizzeria, la capilla y la alegría que le hizo sentir al hombre mayor de la carnicería con nuestra presencia o cuando estuvimos en la alameda y apareció señora (actriz) muy simpática que nos hizo reír.
Pienso que tubo la suerte de encontrar lo que a el le gustaba y por eso le pone tanta alegría y corazón en lo que hace. 
http://rutasvivas.com/en/             info@rutasvivas.com       





                                                              

FERNÁN

Fernán López,  guía e creador da empresa rutas vivas, asistiu a Arzúa a darnos unha charla o pasado 11 de novembro, polo que particularmente lle dou as grazas, xa que grazas a el, vin o que realmente pode chegar a ser o traballo e o bonito que é poder ser guía.

Pola mañá ensinounos os trucos para poder ser guía, unha charla que sorprendeu, todo o que parece un visto e non visto ten algo que contar.
Deunos ánimos e ensinounos o principal do que un guía debe facer, e por si iso fose pouco, pola tarde deunos un claro exemplo práctico, ensinándome a min, un dos habitantes de Arzúa a coñecer a seu pobo.

A primeira sorpresa, foi xunta o instituto do IES de Arzúa, con Xurxo,  do Orfeón treixadura, sorprendéndonos cun canto a capela.
Logo desa parada,  dirixímonos a biblioteca de Arzúa, para ver unha colección de bruxas, onde el persoalmente, Fernán nos pediu aos alumnos de Arzúa que nos reunísemos co alcalde para que en forma de agradecemento ao bibliotecario, lle concedese uns estantes para as bruxas.
De seguido fixemos unha pequena parada na pizzería O Rueiro, onde nos falou e ensinou os pinchos, e como non, pinchos que levan denominación de orixe, o queixo de Arzúa.
Fernán un dos mellores guía visto polos meus ollos, douche as grazas por gastar tempo do teu en nós, foi un xesto que sempre recordaremos.
O pasado luns 11 de novembro asistiu ao centro Fernán López,un guía moi bo que nos ensinou como se pode destacar no seu traballo e deunos recursos para iso.
Pola mañá estivemos na aula e ademais de presentarse indicounos como era o seu traballo e a súa empresa,Rutas Vivas.Falou de recursos para ser un bo guía como a puntualidade e o gran papel do tempo,o saber dirixirse ao público ou o número de paradas que está acostumado a facer,entre outros.

Xa pola tarde levounos a facer unha ruta por Arzúa,na que fixemos varias paradas programadas nas que demostraba o que falaba da puntualidade xa que chegou antes de tempo a todas,e descubriunos cousas como a colección de bruxas de Arzúa das que non oíra falar nunca.En cada parada sacamos unha foto coa persoa dese lugar,ata que xa de noite nos despedimos despois dunha entretida ruta.

FRADAS DO MANDEO

O 25 de outubro de 2013 recibimos no IES de Arzúa unha charla dirixida por Carlos Silvar, un dos compoñentes da fundación Fragas do Mandeo.

Esta fundación principalmente, ten como finalidade a custodia do territorio polo cal transcorre o río Mandeo, a súa misión e limpar o terreo de especies invasoras, as cales desprazarían as autóctonas si non se remedia.
Os propietarios do terreo que alí se atopa, non o están a por fácil, pero aínda así a asociación loita por custodiar o territorio como si ese fose deles.

Para que isto todo sexa posible, necesitan obter ingresos, polo que se ateñen as doazóns de todo tipo, económica, material, obxectos decorativos …



Fragas "Do Mondeo"



          Fragas Do Mandeo


La conferencia que dio el señor Carlos Silvar sobre la fundación "Fragas do Mandeo" me pareció interesante, su estructura, objetivos y medios de trabajo, de como unos pocos pueden luchar por el cuidado de nuestros bosques.
Unos de los puntos que captó mi atención es el poco espacio protegido que tenemos aquí en Galicia en comparación con el resto de comunidades autónomas y la culpa de esto es de las autoridades administrativas y de cada uno de nosotros, por la falta de información pero principalmente por el desinterés que sentimos hacia nuestros espacios naturales.
Esta fundación se mantiene gracias a la colaboración de los ciudadanos como nosotros y mi deseo es que aportemos nuestro granito de arena ¿COMO? trayendo un libro, un bolso, pendientes, ropas o como bien dijo el orador con algo que se pudiese vender en el rastrillo, ya que es de ahí donde se obtiene el mayor dinero para su sostenibilidad...http://baiaedicions.net/editorial/wp-content/uploads/2012/11/FragasMandeo-1024x460.jpg

CHARLA E VISITA GUIADA POR FERNÁN.

O pasado día 11 de Novembro, Fernán foi convidado polo IES de Arzúa onde nunha charla á mañá nos falou da súa particular visión sobre a Interpretación do Patrinomio, e pola tarde levounos de ruta pola vila.
Na charla falounos de cómo él interpreta o patrimonio, e fundamentalmente da súa empresa: Rutas Vivas.
Rutas Vivas é una empresa que presta un servizo de guía de Espacios Naturais Protexidos en Galicia, visitando calquera lugar que se desee visitar, explicando con rigor e profesionalidade.

Tamén nos deu un avance do que íbamos facer á tarde, una visita guiada pola vila. Así mesmo, deunos uns pasos importantes para un bo guía como a de chegar o lugar onde están os participantes polo sitio en que imos comezar a visita, levar a ruta ben aprendida e explorada… sepre buscando sorprender. Con isto, comenzamos a ruta.

En primeiro lugar, Fernán sorprendeunos nas proximidades ó instituto con un home que participa nunha asociación musical e que constrúe figuras de madeira.

Logo entramos na Biblioteca de Arzúa onde descubrímos una colección de Brúxas importante e o mesmo Fernán pediu os alumnos que alí se encontraban e que vivían na vila que pedisen o ayuntamento una vitrína para colocar a dita colección.

A continuación, fixemos una pequeña parada na Información Turística de Arzúa a cal estaba pechada por problemas económicos polo que a información foi escasa.
Nas proximidades a esta, encontramos con Pilo, propietaria da Pizzería O Rueiro. Mostrounos as tapas típicas do seu negocio ( queixo de arzúa con membrillo), e a importancia do Queixo de Arzúa nas súas recetas. Algo importante dos que nos pretendeu convencer foi de que non deixemos modificar o Camiño de Santiago ao seu paso por Begonte, Sobrado dos Monxes, Arzúa…asistindo as manifestacións.

A Iglesia da Magdalena foi outro lugar citado por Fernán, así como o Albergue que se encontra ao carón da mesma.

Preto destes lugares citados, paramos nunha carnicería que sorprende os turistas pola vaca que se mostra no escaparate do negocio e ali se atopaba o dono da mesma onde nos contou a historia da vaca.

No cento da vila, atopase una pequeña plaza, a Praza de Galicia, onde entramos en contácto coa Conselleira de Turísmo do Concello da vila a cal nos amosou a súa particular opinión sobre a importancia turística de Arzúa, do Camiño de Santiago etc…

Finalizando, Fernán amosounos a tenda dos Valiño, de gran importancia fundamentalmente en anos anteriores xa que era como actualmente un centro comercial, pois podiase atopar case de todo.


A última parada foi na Praza da Feira, onde de forma repentina apareceu una señora (“a actriz de arzúa”).

Charla con Fernán López Álvarez.

A charla que nós impartiu Fernán estivo dividida en tres partes diferenciadas:
  1. Como debe ser ou que características debe de ter un guía de Espazos Naturais e Interpretación do Patrimonio:
    1. Según nós contou un guía o primeiro que debe de ter e puntualidade, e moi rigorosa “como el nós demostrou”.
    2. Ten que ser crítico e estar ben informado a hora de dicir algo,ter moita información e contrastada de todos os puntos de vista posible.
    3. Debe posicionarse, non pode ser imparcial ante o debate dalgún tema.
    4. Debe de ser unha persoa con don de xentes a que non lle intimide facer o ridículo nin lle preocupe o “que dirán” polo que estou a facer.
    5. Debe de ter dotes interpretativas, coñecementos xerais da sociedade, coñecementos psicolóxicos, de historia, etc...
    6. Un guía debe ser moi constante no seu choio, xa que require moitas horas de investigación previas antes de realizar as rutas.
    7. Ter vocación de guía, e para elo propúxonos un exercicio de reflexión o comezo da charla, o cal tivo que facer el nun curso de psicoloxía en Avila. Este consistiu en:
      1. Primeiro pornos de cara a unha parede en branco e pechar os ollos, deste xeito atopariámonos con nós mesmos.
      2. Reflexionar en qué queremos facer na vida.
      3. Unha vez que xa sabemos o que pretendemos facer, pensar en se o sistema nós ofrece as ferramentas axeitadas para chegar o noso obxectivo ou non.
      4. Por último de non ter as ferramentas axeitadas, pensar se nós nos imos amoldar o sistema que hai na sociedade ou se loitaremos por buscar outras ferramentas que nós leven o noso obxectivo.
  2. A súa empresa de guiado por Espazos Naturais.
    1. Para a posta en marcha da súa empresa só necesitou comprar unha furgoneta para levar xente as rutas, e gastar moita gasolina facendo moitos kilómetros de investigación previos a esas rutas.
    2. Buscou colaboradores: tanto en bares, empresas de servizos, de catering, etc.
    3. Mantén contacto coa poboación local que sempre aporta cousas novas as rutas, sabe lendas, historias, etc.
    4. Fai regalos os seus clientes, que el mesmo crea.
  3. Interpretación do patrimonio.
    1. Según nos explico o patrimonio e un ben formado por dúas vertentes os elementos materiais ou físicos que son os que vemos, e os elementos inmateriais, que son as historias, lendas, contos, etc, que se lle agregan os elementos materias.
    2. Os elementos inmateriais, son os recursos mais empregados polos guías, xa que é un valor engadido o patrimonio material que ten por misión protexelo, e configurar vínculos entre estes e a xente.
  4. Conclusión:
Está claro que no mundo que engloba o ciclo formativo que estamos a facer hai moitas saídas diferentes non só a do mundo forestal. Pero tamén e certo que aínda que o pareza ningunha delas é sinxela nin factible para todos, xa que como dixo na charla hai que ter unha serie de cualidades innatas, as cales algunhas descríbense no punto un, e que a meirande parte de nós non temos.



24/11/13

Charla e visita guiada por Arzúa

    !Empezar unha charla con tódolos asistentes de cara á parede! ¿A quen se lle acorda? Pois a él, só a él, a Fernán, de Rutas Vivas. Un intérprete do patrimonio moi particular que nos visitou no IES de Arzúa o día 11 de Santos.

   Foi un bó inicio, un momento de impacto, de confusión, que nos levou a onde él quería ir, a un intre para a reflexión. Reflexión sobre o noso presente, o noso futuro, a nosa vida, a nosa historia, o noso patrimonio...

   Deste patrimonio veunos falar, contar, facernos entender e facernos ver, máis ben mirar, abrir os ollos e observar a nosa contorna, abrir o corazón e observar a nosa contorna... a mesma persoa, dúas miradas...

   Ämosounos en poucas palabras e de forma gráfica cómo debe ser un intérprete do patrimonio. Cómo o patrimonio material, o inmaterial e  o natural son un todo que non se pode tratar por separado. Cómo un é un valor engadido ó outro e como un guía ou un non guía, debe ter por misión protexer eses valores.

   Chaman a miña atención dúas cousas:

     - A súa expresividade. Recoñéceuse tímido, mais ten tanta expresividade nos ollos, na cara, nas mans, no corpo, tal axilidade de movementos, que resulta difícil crelo. Cando nos foi desglosando a cantiga da fonte, él parecía fluir cando ela, unhas veces serio, outras cantareiro, pero sempre en movemento.

    - O seu posicionamento. Na teoría tiñamos dado que un guía non se podía posicionar sobre un tema, mais Fernán, obvia a teoría e racha cós tópicos, e él, Fernán, un guía particular que fai valer as súas opinións e respecta as dos máis. Se un intérprete debe relacionar a interpretación coas súas vivencias e a súa personalidade, él soubo facelo interesante.

   Horas máis tarde saímos visitar Ärzúa na súa compaña. Importante, sempre o grupo unido e sempre para todos e cada un de nós. Información básica antes da partida, de ónde vir, cómo falar, cómo prepararse... foto e partida.

   Poucos metros para a primeira parada. Premio á improvisación. A personaxe a visitar tivo que ausentarse e houbo que buscar un substituto, quen mellor para iso que Xurxo Raposo do Orfeón Treixadura...A mín gañoume pola man... a súa nana, a súa voz.... Fermoso!

   A seguinte parada foi na Biblioteca Pública Rosalía de Castro. ¿ Pode unha biblioteca ter algo máis interesante que libros? Sí, aquí vímolo, o propio bibliotecario, Torreiro, e a  súa colección de bruxas necesitada dun expositor; pelegríns do Camiño coñecendo a biblioteca... Lástima non ser hora de contacontos!

   Volta polo mesmo camiño para facer unha parada na oficina de turismo e falar con Mari, quen nos acompañou todo o día e nos falou do paso dos pelegríns por Arzúa. Gracias Mari, porque seguro que a túa man estivo detrás desta ruta.

   ¡Hora de xantar! Non tal, máis parada na pizeria de Pila, muller entregada ós productos de Arzúa e ó Camiño Francés, onde as haxa! Á ser un placer voltar visitarte e probar as túas premiadas tapas.
   Camiñamos polo pobo, imos pasando monumentos típicos que hoxe non son do noso interese, máis Fernán mencionaos para satisfacer a nosa curiosidade. A súa misión é informarnos...
   Parada seguinte nunha carnizaría das de vello, onde escoitamos as particularidades da vaca que garda o escaparate e agardamos que nos servisen un vaso de leite recén ordeñado. Non puido ser, o amo que a muxe tivo que sair coñecer as novas netiñas. ¡Felicidades! Hoxe perdoámolo.

   Na Alameda do pobo escoitamos a Pilar, concelleira de Turismo de Árzúa, que nos informou sobre a situación da localidade con respecto ó turismo, da inexistencia de empresas turísticas especializadas e das axudas que poderiamos ter de montar unha. Sen comentarios...

   Comeza a anoitecer e pasamos pola ferraxería-bazar das irmás Valiñas. Xa ten anos a tenda! Coñécese dentro e fóra de Arzúa porque non ten fondo! O que sí ten é unha dona encantadora que se presta á algarada e saíu á porta a brindarnos un saúdo. Gracias Señora.

    Despedida con sorpresa no Campo da Feira. Fomos literalmente asaltados por Rosa, a non actriz de Arzúa. Ós seus anos ten un espíritu que moitos quixeran para sí...¡Qué ánimo, qué memoria e qué humor! Gracias Rosa, porque a túa actuación foi algo máis que unha lección de interpretación, foi unha lección de vida e de gañas de vivila.

   Foto de familia e despedia. Máis esquezo algo. Gracias Fernán por prepararnos esta ruta e amosarnos que podemos ver moito máis que igrexas e estatuas, por contar coa xente do pobo, que está aí desexando participar e cando teñen ocasión dan o mellor de sí. Gracias por ser un intérprete do patrimonio particular. Gracias por ser Fernán.

Imaxe:https://lh6.googleusercontent.com/-RaKAU3HYOC0/UoHm3F54rBI/AAAAAAAACpc/mA19GBaRV30/s128/Imagen%20016.jpg
O Luns 11 de Novembro veu de combidado ao I.E.S de Arzúa o guía Fernán López. Fernán é un guía especial xa que a súa función é interpretar o patrimonio. Falounos do patrimonio dende unha perspectiva semiótica unindo deste xeito o patrimonio material, por exemplo unha fonte, co patrimonio inmaterial, por exemplo unha cantiga; para mostrarnos así o verdadeiro patrimonio.
Ademáis como guía deunos uns consellos para levar a cabo correctamente esta función; consellos tales como ser riguroso, metódico, contrastar sempre información, ser puntuais, e, sobretodo, integrar a xente do lugar no recorrido para escoitar de primeira man o que nos ten que explicar sobre o patrimonio da súa vila.

Finalmente, da man de Fernán, fixemos unha estupenda visita guiada pola vila de Arzúa.

Visita guiada polo centro de Arzúa

O pasado luns 11 de novembro o guía turístico galego, Fernán López, moi relevante na sua materia e de importante relevancia a nivel autonómico, ensinounos como poder sacar proveito do que nos rodea e poder facer un recurso deso e convertilo nun atractivo para moita xente que, ao mellor, non pode disfrutar de cousas semellantes no seu día a día. Para elo, comezamos con unha charla na que Fernán nos explicaba que cousas cotidianas das nosas zonas poden chegar a ser atractivas e que ademais do seu valor material tamen poden esconder un valor inmaterial oculto, que incluso posúa unha importancia maior que a que podemos contemplar a simple vista, e o único que hai que facer é saber como sacala a relucir.
Para ensinar esto dunha maneira máis practica, o guía levounos por algunhas das zonas máis cotidianas da vida da vila de Arzúa nas que ao mellor non reparariamos e como en todas elas hai un recurso digno de ser mostrado. Tamén nos mostrou o importante que é aproveitar estes recursos e fomentar o que é propio de cada zona xa que se lle sabemos sacar partido a nosa vila pode ser máis rica cultural e socialmente que o que a maioría da xente cre.
A visita foi moi amena e gustaríame poder facer unha ruta máis larga e que on se limite á vila de arzúa, xa que Fernán demostrou ser un experto na materia, xa que non pudemos pola escaseza de medios e tempo.

Sotavento

O pasado mércores, 20 de novembro, tivemos unha excursión ó parque eólico de Sotavento.
Alí contaban cunha casa ecolóxica, na que nos foron explicando as diferentes formas de aforro en cada unha das habitación da casa, entre eles o aforro de luz, auga,...
Acabada a visita na casa, dirixímonos o local onde nos explicaron o funcionamente das diferentes enerxías renovables e non renovables, cos distintos tipos de maquetas que tiñan, para que visemos máis claramente o funcionamento.
A excursión rematou nunha sala, onde nos deron unha charla sobre o aforro dos distintos coches, con imaxes e gráficas que contaban cos datos de aforro.
Finalmente ensináronnos o coche eléctrico do que dispoñían, e convidaronnos a volver visitalos e poder probalo.

Visita guiada en Arzúa con Fernán López

O pasado luns, 11 de novembro, puidemos asistir a unha visita guiada por Arzúa en mans de Fernán López.
Comezamos esta actividade contra unha parede en branco, sen ningunha distracción, para que abrisemos a mente e pensásemos e valorásemos as cousas.
Unha vez acabado esto, explicounos brevemente como funciona a súa empresa e ensinounos algúns clientes da multitude que ten.
Tras este resume comezou a darnos unha charla sobre como el traballa os diferentes recursos materias con recursos inmateriais, e como así realiza el as visitas.
Pola tarde, comezamos a ruta por Arzúa. Na primeira parada escoitamos cantar a Xurxo, pertencente ao grupo Treixadura.
Despois fixemos outra parada na biblioteca municipal, donde vimos as bruxas que coleccionaba Moncho, o encargado da biblioteca.
Seguidamente diriximonos a pizzería de Pila, onde se fan unhas tapas co producto propio de Arzúa.
Unha das paradas que máis gustou, foi a da carnicería de Luis e a súa vaca. Onde nos contou que moitos peregrinos paran a preguntar polo leite da vaca.
Na praza, quedamos coa representante de cultura do concello, coa que estivemos charlando sobre si houbese un guía en Arzúa, que axuda recibiría.
Finalmente dixirimonos á zona da feira, facendo antes unha parada na tenda dunha señora onde había de todo, alí atopámonos con Rosa, que estivo actuando un pouco.

Nesta visita Fernán conseguíu que vísemos cousas que están ahí e que pasan desapercibidas cando non lles damos importancia.

Fragas do Mandeo

O pasado venres, 25 de outubro, contamos coa visita de Carlos Silvar.
Coa súa charla, deunos a coñecer cal era o obxectivo da asociación á que el pertence, Fragas do Mandeo, que se realiza en Mariñas, cun espazo natural protexido.
 Esta asociación é unha entidade de custodia do territorio coa que se pretende conservar os territorios en bo estado, eliminando as especies invasoras e conservando as autóctonas.
Esta asociación está formada por xente voluntaria que non conta con ningún tipo de suvención, senon que organizan unha serie de actividades para obter ganancias.

21/11/13

Visita ao parque eólico de Sotavento

O pasado mércores 20 de novembro visitamos o parque eólico de Sotavento o cal se encontra na provincia de Lugo. En primeiro lugar ensináronnos a casa ecolóxica donde nos explicaron a forma de aforrar o máximo posible dentro dunha casa: recollida de augas grises, placas solares, paredes ailladas para manter a calor, orientación da casa, etc.....


Despois disto fomos ao local principal onde nos mostraron as diferentes enerxías tanto renovables como non renovables das que sacamos a enerxía que utilizamos nas nosas vivendas. Explicáronnos o funcionamento dunha central térmica cunha pequena maqueta dunha máquina a vapor, a continuación seguimos coas centrais hidráulicas con outra pequena maqueta onde nos amosaron o que se fai nos casos de máxima demanda e de menor. A enerxía utilizada por eles mesmos é a eólica, donde tamén con pequenas maquetas nos explicaron o que fan nos momentos de máxima demanda e de menor.


E para rematar leváronnos a unha sala donde nos ensinaron as vantaxes e os inconvintes do coche eléctrico entre outros aspectos. Indicáronnos as diferentes razóns polas cales a administración non quere promover a evolución dos coches eléctricos. Por último mediante unha serie de diapositivas puidemos ver os diferentes tipos de transporte e observar cales son os mais contaminates, así como a comparación con coches eléctricos os cales desde o meu punto de vista a longo prazo saen rentables e contribuímos ao mantemento do medioambiente pero o gran inconvinte destes é a inversión inicial. 

Enlace: http://1.bp.blogspot.com/VOqUU2L5FGg/UhI3Rda4HlI/AAAAAAAAAcs/rf0FOTjc1JM/s1600/vista+parque+e%C3%B3lico+sotavento.jpg

Visita guiada por Arzúa con Fernán

O luns 11 de Novembro tivemos a oportunidade de recibir Fernán López Álvarez, un experimentado interprete de espazos naturais. En primeiro lugar, comezou por querernos abrir a mente mediante unha actividade que consistía en mirar cara unha parede totalmente baleira co nos intentou explicar a diferencia entre recursos materiais e inmateriais, explicándonos o motivo polo que debemos apreciar o que temos aproveitando e valorándoo o máximo posible.
A continuación, contounos a qué se adicaba a súa empresa, os diferentes tipos de clientes que tivo e as diferentes cousas que lle pedían dependendo da persoa, e por último a formación imprescindible que hai que posuír para ter saída laboral. Logo de falarnos acerca da súa empresa e das súas experiencias, explicounos as pautas que debe seguir un bo guía, os trucos, os recursos que soe empregar, os tempos para acadar o éxito.

Pola tarde realizamos unha ruta polo pobo arzuá, na cal puxo en práctica os coñecementos que nos transmitiu na charla. O primeiro deles foi que un bo guía sempre debe vir polo lugar onde vai comezar para dar a entender que coñece que se vai a percorrer. Outro bo consello que nos ensinou foi que o primeiro recurso tiña que estar cerca do lugar de onde partiría a ruta. A continuación recibimos a Xurxo, integrante do grupo de Treixadura, que nos cantou unha pequena cantiga, o cal veu no lugar do seu irmán que por motivos que se descoñecen non puido asistir.

Máis tarde fomos ata a biblioteca municipal “Rosalía de Castro” onde estivemos con Moncho, o bibliotecario, que nos ensinou a colección de bruxas da que dispón dita biblioteca. O propio Fernán pediu aos arzuáns que fosen ao concello pedir unha vitrina para poñer en exposición ditas bruxas. Desde ahí fomos a oficina de información turística donde se nos informaron da multitude de xente (a maioría peregrinos) que pasa por Arzúa.

Na pizzería “O Rueiro” recibiunos Pila invitándonos a ver como se facían unhas tapas coas que gañou múltiples premios, aínda que quedamos coas ganas de poder probalas. Seguimos avanzando ata chegar á pequena capela da Madalena donde nos explicou os seus múltiples usos o longo da súa historia.

Logo fomos visitar a carnicería de Luís e a súa vaca, pero o seu dono non nos puido posto que ese mesmo día foi avó, esta tenda é unha das máis antigas de Arzúa xunto coa ferretería das irmáns Valiñas pola que tamén pasamos.

 Xa por último estivemos coa representante de cultura do concello e cando pensamos que remataramos, chegou de súpeto Rosa a cal nos animou cunha pequena actuación que moitos de nos picou como se fosemos nenos pequenos. E ata aquí a visita con Fernán a cal sen pensalo dúas veces volvería repetir.

visita a Sotovento



O pasado mercores 20 de novembro fixemos unha vista o parque eólico de Sotavento na provincia de Lugo.Alí ensinaronnos a casa ecolóxica que consistia principalmente na forma de aforrar o máximo posible dentro dunha casa: recollida de augas grises,placas solares,paredes aisladas para manter a calor.....
Logo de ensinarnos a casa levaronnos para dentro e ensinaronnos un poco de historia.Ensinaronnos maquetas de antigos muiños de aire e mesmo os da auga , as centrais hidroeléctricas e como funcionaban,a máquina de vapor e moitas outras cousas.


Entramos nunha sala donde nos ensinaron as vantaxes do coche eléctrico e os inconvintes entre outras cousas.Dixonos que os coches eléctricos eran rentables pero que os empresarios non querían sacalo para diante.Ensinounos algunhos dos coches máis coñecidos e a comparación con outros de combustión interna.Mentras non haxa puntos de recarga non serven de nada xa que quedas no medio da carretera sen batería e que fas.Eu non cambiaría o meu coche por un elétrico e vos que faríades?.

Un viaxe polo descoñecido

O pasado luns día 11 de novembro visitounos Fernan Lopez Alvarez ,interprete de espacios naturais de Galicia .Comezou con unha charla sobre a súa empresa Rutas Vivas e dounos algunhas pautas para ser un bo guía.Para min a charla foi o menos interesante xa que e mellor velo en persoa facendo unha ruta.


Pola tarde fomos facer unha ruta na puxo en prática os conocementos que nos ensinara na charla.Un bo consello que nos ensinou foi que o primeiro recurso tiña que estar cerca do sitio donde nos reunimos.Asi foi como coñecemos a Xurxo o raposo do grupo de treixadura que nos cantou unha pequena nana.logo a biblioteca con Moncho que nos ensinou a coleción de bruxas da que dispón.Na oficina de información turistica informounos da multitude de xente que pasa por Arzua e da problematica do traballo de turismo.A continuación,invitounos a ver como se facian unhas tapas,aínda que non chegamos a provalas.Logo pola carnicería de Luis e a súa vaca,a tenda máis antiga de Arzua,a representante da cultura do concello e cando xa pensaramos que acabaramos aparece unha "actriz (Rosa)" que nos amosou o seu talento e nos quitou unhas risas.Foi unha ruta interesante que non dudaria en volver repetir.

19/11/13

Unha viaxe polo que críamos mais coñecido

Queridos seguidores e curiosos, propoñome neste pequeno texto dar a coñecer a una persoa que pese as premisas iniciais conseguiu sorprenderme  o pasado luns 11 de novembro. Non foi outra que a visita dun guía.
Menudo comezo diredes un guía, si bueno, mira que non atopamos persoas a diario adicadas a esta profesión. Pois estades totalmente enganados fomos guiados por un mestre interprete do patrimonio natural galego, una persoa que procura mirar e obserbar onde os demais so vemos o cotian.
Neste caso o señor Fernán ofreceuse de forma voluntaria da formarnos de forma teórica e práctica nos pasos a seguir para chegar a ser un educador ambiental con consellos e trucos a seguir e con todo un recital de demostracións en vivo que nos fixeron quedar pampos.
Quero agradecerlle de corazón a súa visita inesquecible que non penso describir por que non lograría expresalo nin por asomo. Todo una experiencia que penso que ninguen esqueceremos. Recomendado!

Charla e Guía de Espazos Naturais


O luns 11 de Novembro tivemos unha charla matutína e unha guía programada polo centro de Arzúa a cargo do guía galego Fernán López Álvarez.En primeiro lugar,amosounos cunha actividade a diferenza entre recursos materiais e inmateriais,explicandonos o motivo polo que debemos apreciar o que temos.

Despois disto,comentounos brevemente en que consiste a súa empresa,os diferentes tipos de cliente que tivo e que formación hai que ter para ter salida niso.

Ao acabar de mostrarnos como traballa,explicounos as pautas necesarias para ser un bon guía;os trucos,os recursos que sole empregar,os tempos,etc...

Rematada a charla,despedímonos de Fernán ata a tarde.

Durante a guía por Arzúa visitamos distintos sitios,nos que apreciamos diferentes tipos de recursos,aparte diso,o que Fernán pretendía era mostrarnos cousas coas que normalmente non nos fixaríamos pero que teñen un gran valor tanto cultural como artístico.En cada parada fixemos fotos cos que dalgun modo son os representantes de mostrar os diferentes tipos de recursos que neste caso hai en Arzúa.

                                                                                                                       Manuel González Galego

15/11/13

O pasado luns día 11 de novembro tivemos no centro unha visita especial : Fernán López Álvarez guía de espazos naturais en Galicia.
Pola mañá deunos unha charla sobre o traballo que él iniciou na súa empresa Rutas Vivas.
Na charla falóunos do traballo que él leva a cabo, das pautas que se deben seguir para ser un bó guía como por exemplo: nunha ruta o guía sempre debe ir diante, un guía de be atender a todo o grupo por igual, o guía debe vir polo inicio da ruta etc e tamén nos falou da situación crítica na que están os xóvenes (situación de desemprego), e de como á xente esta situación non parece importarlle demasiado.
Pola tarde asistimos a unha ruta planificada por Fernán na que pasamos por diferentes lugares nos que hai un gran patrimonio artístico, no que nós non nos fixariámos por moitas veces que pasaramos por alí.
Na ruta guiada tamén nos deu certas pautas a seguir para guiar a un grupo nestas ocasións, ou de como implicar á xente dun pobo para dar a coñecer mellor o seu entorno natural. 
Tamén nos foi amosando as pequenas cousas das que non nos decatamos, pero que sen embargo teñen unha gran importancia nas rutas que un guía pode dar a coñecer.
Por exemplo: a cantidade de conceptos da natureza que se poden explicar con tan só facer unha breve parada diante dunha fonte, ou tamén de como a poboación local dun lugar se vé reflexada nestas actividades.
  

14/11/13

RESUMO DA VISITA GUIADA POR ARZÚA CON FERNÁN LÓPEZ ÁLVAREZ

Este luns tivemos unha charla e unha visita guiada realizada por Fernán López Álvarez , onde primeiro nos deu unha charla explicandonos o que el estudara e porque se decicidiu a ser un guía de espazos naturais.
Aparte disto explicounos mediante unha presentación o que era o patrimonio inmaterial.
E tamen nos animou a revelarnos de cara a esta situación tan crítica que estamos vivindo e mellorar as cousas.

Despois desta charla ; pola tarde iniciamos unha visita guiada por Arzúa onde Fernán nos foi explicando todos os pasos e normas que un guía debe cumplir, como por exemplo : puntualidade, o guía sempre debe vir polo lugar que vai a realizar esta ruta etc..
E a partir de ahí partimos a nosa guía por Arzúa onde fernán soupo sacarnos unha sonrisa a todos os lugares os que nos levou, levounos primeiramente a coñecer a xurxo un cantante de treixadura , despois fomos a biblioteca onde dunha colección de bruxas sacou un patrimonio inmaterial de arzúa , máis adiante levounos a unha carníceria , onda a conselleira do concello e finalmente fomos ata a zona da feira onde nos entretivemos duns momentos moi cómicos con unha actriz de Arzúa onde nos dixo que sen a xente de arzúa todos estes patrimonios que Fernán nos ensinou non durarían nin seguirían existindo xa que sen a xente de Arzúa e un propio patrimonio inmaterial.

13/11/13

O lunes tivemos unha visita moi agradable o centro. Un guia esperimentado dounos unha charla de maña comentandonos que non todo e como nolo pintan e que nesta vida hai que tirar pa diante por moi dificiles que nos poñan as cousas, tentandoo ainda que sexa polo noso propio pe e vendo as cousas dende outras prespectivas. Dounos valiosas pautas de como deve ser un guía e como impresionar ó cliente e sobre todo que non todo e o valor material das cousas e o patrimonio, se non que éstes teñen ainda un máis amplio valor inmaterial. Éste valor pode ser un recurso o cal poda ser de gran axuda para todo aquel que nun futuro exerza a profesión ou outras similares empregando a arte,cultura,tradicións etc... Incentivou os presentes a ter iniciativa propia e a que calquera e capaz de obter o seu obxectivo se realmente une todos os seus esforzos nunha mesma dirección. O seu obxectivo era abrirnos os ollos cousa que a miña opinión consegueu na maioría. Pola tarde tivemos oportunidade de experimentar na práctica moitas das pautas e valores que el nos espuxera de mañá nunha espectacular camiñata pola zona urbana de Arzúa sorprendendonos a todos da riqueza escondida da vila utilizando o patrimonio inmaterial da mesma a cal nin sospeitábamos que daría para tanto e que sería tan entretida.

12/11/13

Charla sobre a custodia do territorio.

Este 25 de Outubro tivemos unha charla levada a cabo por Carlos Vilar , que nos contou e nos explicou o importante que e a custodia.
Sobre como debemos conservar o paixase e sobre o tema de que hai que intentar frenar un pouco na medida a plantación de eucaliptos e conservar por exemplo os carballos que son autóctonos da zona e os eucaliptos non son propios da zona e estanse apoderando do territori galego.
Finalmente pareceume unha charla moi interesente xa que esta charla resultoume moi aprobeitable xa que non tiña moita consciencia da custodia e aprendín algo sobre ela.

Diego Eitor Casal.

8/11/13

CONFERENCIA DA ASOCIACIÓN FRAGAS DO MANDEO

O Xoves 25 de Outubro contamos cunha charla informativa a cargo de Carlos Vilar e en representación da asociación Fragas do Mandeo (segunda vez que esta asociación visita Arzúa).
En dita charla explicóusenos a labor de custodia de territorio que esta asociación leva realizando dende fai 3 anos. Fragas do Mandeo centra os seus esforzos na realización de traballos de custodia do territorio con fins de conservación da paisaxe e dos ecosistemas así como de fomentar a custodia do territorio como fórmula para protexer a natureza e promover a conservación.
Estas labores realízanse na comarca das Mariñas, que ten un espazo natural protexido que forma o río Mandeo e que está declarado zona de especial proteción dos valores naturais e que forma parte da Rede Natura.
A asociación está formada por voluntarios e calquera traballo que se emprende pódese levar a cabo grazas ás doazóns e a actos que organizan(como rastrillos de obxetos doados)xa que non reciben axudas ou subvencións.

Os primeiros froitos comezan a aflorar(concienciación da poboación e repoboación de zonas forestales)pero aínda lles queda moito traballo por diante polo que piden a axuda e colaboración de todos.

7/11/13

Fragas do Mandeo



CHARLA SOBRE CUSTODIA DEL TERRITORIO.

   El día 25 de octubre recibimos una charla informativa sobre custodia del territorio, una labor que realiza una asociación llamada Fragas do Mandeo, que se encuentra en la comarca coruñesa de As Mariñas (Betanzos).
   Dicha asociación se fundó en el año 2010, tras la unión de tres asociaciones, dos ecologistas y una cultural, con una dotación inicial consistente en dos fincas y un montante económico. Fragas do Mandeo es una entidad no gubernamental (ONG) y no lucrativa (ONL) de carácter fundacional.
   En la actualidad cuentan con alrededor de dos mil socios y tienen unos sesenta mil metros cuadrados en custodia.
   Es una asociación que no cuenta con ningún tipo de subvención pública, se auto finanza gracias a la labor desinteresada de sus socios que aportan donativos y objetos para su posterior venta.
   Como se explicaba en la exposición los bosques de los ríos Mandeo y Mendo son una pieza clave que permite la subsistencia de la biodiversidad presente tanto en el monte como en el río. Por eso creen que es fundamental conservar este hábitat mediante la adquisición de fincas que se destinan a la conservación, es un instrumento que ha demostrado su eficacia.
   En dicha charla nos explicaron lo que es hacer una labor de custodia del territorio, que tiene como fin, preservar y conservar el patrimonio natural y cultural de cada zona. Es por ello que esta asociación intenta luchar contra la constante amenaza de las especies de flora y fauna invasoras, los eucaliptos, acacias, uña de gato, cangrejo americano, etc, cada vez desplazan más al bosque autóctono y su fauna, degradando el ecosistema y el paisaje.
   Toda esa dedicación busca cumplir el objetivo de la entidad tal como se recoge en sus Estatutos de Fragas do Mandeo: “realizar labores de custodia del territorio con fines de conservación del paisaje y de los ecosistemas naturales, con su fauna, flora y gea asociadas, así como fomentar la custodia del territorio como fórmula para proteger la naturaleza y promover su conservación”.

 http://www.fragasdomandeo.org/?lang=es