3/11/13

Charla Fragas do Mandeo

FRAGAS DO MANDEO

Nesta asociación de Fragas do Mandeo fan una labor de garda e custodia do noso patrimonio.
Garda e custodia: Formula de actuación polo cal os propietarios e usuarios do territorio se implican no uso e nos valores dos recursos naturais, culturais e paisaxístico. Estas entidades, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro buscan acordos para mellorar e asesorar os propietarios das  fragas.
Teñen pouco terreo mercado porque en Galicia somos moi desconfiados e sempre buscamos un porqué. Asi e todo nestres 3 anos que levan con esta iniciativa conseguiron mercar sobre 6 ha e a cesión de outros terreos para a sua garda  ou asesoramento do seu propietario lexitimo.
Ademais fan limpezas nos areais, retirada de especies invasoras (eucalipto) viancia do territorio, denuncias no caso que fosen necesarias…
 Aínda que hai pouco tempo que empezaron a sua actividade vanse desenvolvendo pouco a pouco pero con diversas actividades como son rastrillos en Betanzos, conferencias exposicions…
Creo na miña opinión que fan una labor encomiable na que nos tiñamos que implicar todos  de maneira mais activa porque calquera de nos pode facer custodia sen necesidade de gastar cartos (nestes tempos de crise) so con implicarnos nas nosas leiras.
1.       Creando habitas para nidificación das aves.
2.       Conservando as charcas naturais.
3.       Sembrando cereais e non recollelo ou facelo mais tarde.
4.       Unhas prácticas agrarias mais acordes co medio natural.

5.       etc

No hay comentarios:

Publicar un comentario