24/11/13

Visita guiada polo centro de Arzúa

O pasado luns 11 de novembro o guía turístico galego, Fernán López, moi relevante na sua materia e de importante relevancia a nivel autonómico, ensinounos como poder sacar proveito do que nos rodea e poder facer un recurso deso e convertilo nun atractivo para moita xente que, ao mellor, non pode disfrutar de cousas semellantes no seu día a día. Para elo, comezamos con unha charla na que Fernán nos explicaba que cousas cotidianas das nosas zonas poden chegar a ser atractivas e que ademais do seu valor material tamen poden esconder un valor inmaterial oculto, que incluso posúa unha importancia maior que a que podemos contemplar a simple vista, e o único que hai que facer é saber como sacala a relucir.
Para ensinar esto dunha maneira máis practica, o guía levounos por algunhas das zonas máis cotidianas da vida da vila de Arzúa nas que ao mellor non reparariamos e como en todas elas hai un recurso digno de ser mostrado. Tamén nos mostrou o importante que é aproveitar estes recursos e fomentar o que é propio de cada zona xa que se lle sabemos sacar partido a nosa vila pode ser máis rica cultural e socialmente que o que a maioría da xente cre.
A visita foi moi amena e gustaríame poder facer unha ruta máis larga e que on se limite á vila de arzúa, xa que Fernán demostrou ser un experto na materia, xa que non pudemos pola escaseza de medios e tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario