15/11/13

O pasado luns día 11 de novembro tivemos no centro unha visita especial : Fernán López Álvarez guía de espazos naturais en Galicia.
Pola mañá deunos unha charla sobre o traballo que él iniciou na súa empresa Rutas Vivas.
Na charla falóunos do traballo que él leva a cabo, das pautas que se deben seguir para ser un bó guía como por exemplo: nunha ruta o guía sempre debe ir diante, un guía de be atender a todo o grupo por igual, o guía debe vir polo inicio da ruta etc e tamén nos falou da situación crítica na que están os xóvenes (situación de desemprego), e de como á xente esta situación non parece importarlle demasiado.
Pola tarde asistimos a unha ruta planificada por Fernán na que pasamos por diferentes lugares nos que hai un gran patrimonio artístico, no que nós non nos fixariámos por moitas veces que pasaramos por alí.
Na ruta guiada tamén nos deu certas pautas a seguir para guiar a un grupo nestas ocasións, ou de como implicar á xente dun pobo para dar a coñecer mellor o seu entorno natural. 
Tamén nos foi amosando as pequenas cousas das que non nos decatamos, pero que sen embargo teñen unha gran importancia nas rutas que un guía pode dar a coñecer.
Por exemplo: a cantidade de conceptos da natureza que se poden explicar con tan só facer unha breve parada diante dunha fonte, ou tamén de como a poboación local dun lugar se vé reflexada nestas actividades.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario