7/11/13

Charla sobre as Fragas do Mandeo

O pasado 25 de Outubro de 2013 recibimos no IES de Arzúa un dos principais compoñentes da Fundación Fragas do Mandeo, Carlos R. Silvar, licenciado en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid e deseñador industrial, traballa como ilustrador no mundo editorial, no que son ben coñecidas as súas guías da natureza de Galicia. A fundación Fragas do Mandeo está xestionada por un padroado e por varios colaboradores, procedentes de distintos sectores sociais, uns e outros traballan de forma gratuíta, dedicando tempo libre e aplicando os seus coñecementos profesionais para acada-la máxima eficiencia. A actividade destes custodia o territorio de Fragas do Mandeo, a comarca engloba soamente as cuncas dos ríos Lambre, Mandeo e Mero, estendéndose así polo interior, comprendendo os concellos de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Vilarmaior, cunha actuación puntual en Sobrado dos Monxes.
Pois ben, esta fundación ten por misión custodiar a ribeira pola cal transcurre o Río Mandeo, os diversos fondos económicos recadados empréganse para adquirir diversas fincas de un gran interese ambiental co fin de conservalas indefinidamente xa que os seus donos non o fan, de esta maneira procuran recuperar as diversas especies autóctonas da ribeira e erradicar as invasoras como o eucalipto que están a acabar coas especies autóctonas, tamén se encargan de que as cauces do río se encontren limpas. Por custodia do territorio entendemos que é unha fórmula de actuación a través da cal os propietarios e usuarios do territorio se implican na conservación, no uso dos valores e os recursos naturais, culturais e paisaxísticos. As entidades que practican a custodia do territorio son organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro, que levan a cabo iniciativas que inclúen a realización de acordos de custodia para a conservación do patrimonio natural e a biodiversidade. O pacto entre propietario e fundación pódese levar a cabo tanto verbal, o cal intentan evitar, ou escrito. Como podemos axudar nos a estas fundacións? Pos hai diversas maneiras para axudar como pode ser mediante aportacións económicas e doazóns ou voluntariado para votar unha man, eso si, sin pedir nada a cambio, axudando a mercar fincas e difundir a misión da fundación comentándollo a persoas do teu entorno que estéan interesados no tema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario