8/11/13

CONFERENCIA DA ASOCIACIÓN FRAGAS DO MANDEO

O Xoves 25 de Outubro contamos cunha charla informativa a cargo de Carlos Vilar e en representación da asociación Fragas do Mandeo (segunda vez que esta asociación visita Arzúa).
En dita charla explicóusenos a labor de custodia de territorio que esta asociación leva realizando dende fai 3 anos. Fragas do Mandeo centra os seus esforzos na realización de traballos de custodia do territorio con fins de conservación da paisaxe e dos ecosistemas así como de fomentar a custodia do territorio como fórmula para protexer a natureza e promover a conservación.
Estas labores realízanse na comarca das Mariñas, que ten un espazo natural protexido que forma o río Mandeo e que está declarado zona de especial proteción dos valores naturais e que forma parte da Rede Natura.
A asociación está formada por voluntarios e calquera traballo que se emprende pódese levar a cabo grazas ás doazóns e a actos que organizan(como rastrillos de obxetos doados)xa que non reciben axudas ou subvencións.

Os primeiros froitos comezan a aflorar(concienciación da poboación e repoboación de zonas forestales)pero aínda lles queda moito traballo por diante polo que piden a axuda e colaboración de todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario