25/11/13

O pasado luns 11 de novembro asistiu ao centro Fernán López,un guía moi bo que nos ensinou como se pode destacar no seu traballo e deunos recursos para iso.
Pola mañá estivemos na aula e ademais de presentarse indicounos como era o seu traballo e a súa empresa,Rutas Vivas.Falou de recursos para ser un bo guía como a puntualidade e o gran papel do tempo,o saber dirixirse ao público ou o número de paradas que está acostumado a facer,entre outros.

Xa pola tarde levounos a facer unha ruta por Arzúa,na que fixemos varias paradas programadas nas que demostraba o que falaba da puntualidade xa que chegou antes de tempo a todas,e descubriunos cousas como a colección de bruxas de Arzúa das que non oíra falar nunca.En cada parada sacamos unha foto coa persoa dese lugar,ata que xa de noite nos despedimos despois dunha entretida ruta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario