25/11/13

FERNÁN

Fernán López,  guía e creador da empresa rutas vivas, asistiu a Arzúa a darnos unha charla o pasado 11 de novembro, polo que particularmente lle dou as grazas, xa que grazas a el, vin o que realmente pode chegar a ser o traballo e o bonito que é poder ser guía.

Pola mañá ensinounos os trucos para poder ser guía, unha charla que sorprendeu, todo o que parece un visto e non visto ten algo que contar.
Deunos ánimos e ensinounos o principal do que un guía debe facer, e por si iso fose pouco, pola tarde deunos un claro exemplo práctico, ensinándome a min, un dos habitantes de Arzúa a coñecer a seu pobo.

A primeira sorpresa, foi xunta o instituto do IES de Arzúa, con Xurxo,  do Orfeón treixadura, sorprendéndonos cun canto a capela.
Logo desa parada,  dirixímonos a biblioteca de Arzúa, para ver unha colección de bruxas, onde el persoalmente, Fernán nos pediu aos alumnos de Arzúa que nos reunísemos co alcalde para que en forma de agradecemento ao bibliotecario, lle concedese uns estantes para as bruxas.
De seguido fixemos unha pequena parada na pizzería O Rueiro, onde nos falou e ensinou os pinchos, e como non, pinchos que levan denominación de orixe, o queixo de Arzúa.
Fernán un dos mellores guía visto polos meus ollos, douche as grazas por gastar tempo do teu en nós, foi un xesto que sempre recordaremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario