17/12/13

Visita a Sotavento

A visita a Sotavento o parque eólico foi unha visita moi interesante e entretida xa que vimos unha casa ecolóxica e todas as súas comodidades e facilidades para non contaminar o medio ambiente.
Ensinandonos como se orientou a casa para obter unha temperatura estable e cómoda.
Finalmente vimos os coches eléctricos e presentaronos as ventaxas e inconvintes dos coches eléctricos.Tamen vimos os diferentes tipos de enerxía como a maremotriz e varios tipos de luces de baixo consumo.

SOTAVENTO

O día 20 de novembro puidemos sair do recinto escolar para facer unha visita ao parque eólico de Sotavento en Xermade, chegado ao destino, propuxeronnos dividirnos en 2 grupos para así explicarnos o funcionamento das destintas medidas de aforro enerxético que podemos facer na nosa propia vivenda.

fixemos unha visita guiada polos distintos puntos dubha vivenda de bioconstrucción, e vimos os diferentes métodos de reciclaxe xunto cos diferentes métodos de formación de corrente, renovables e non renovables.

pasados os diversos puntos, ensinaronnos un vehiculo, un coche concretamente, totalmente eléctrico.
Estos non chegan a ter un enorme criterio a ora de comercialización, sencillamente porque non convén ao bolsillo de uns cantos apoderados do noso redor.

16/12/13

VISITA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO:

O pasado mércores 20 de Novembro tivemos unha visita ao parque eólico de Sotavento (no concello de Xermade, na provincia de Lugo).
A visita estructurouse en 3 bloques diferentes:
1) En primeiro lugar amosóusenos un prototipo de casa domótica baseada no aforro de enerxía, utilizando para iso técnicas como o sistema de control da auga do baño ou o chan radiante.
2) A continuación tivemos unha charla explicativa sobre os diferentes tipos de enerxías renovables (tales como a eólica, a solar ou a maremotriz). Explicáronsenos todas as vantaxes da utilización destas enerxías renovables.
3) Para rematar asistimos a unha charla sobre os novos vehículos electrónicos. A exposición foi dende os orixes deste tipo de vehículo ata á situación actual (a cal non é moi favorable debido aos texemanexes das grandes petroleiras).

Podemos concluir que foi unha visita amena e instructiva xa que aprendemos formas alternativas de vida, gustándome especialmente o prototipo de casa domótica.


VISITA AO MUSEO VIVINTE DO MEL E Á FERVENZA DAS HORTAS:

O 22 de Novembro tivemos unha nova visita guiada; desta vez os destinos foron o Museo Vivinte do Mel (no encoro de Portodemouros) e a Fervenza das Hortas de Dombodán.
Con respecto ao Enredo do Abelleiro tivemos unha visita guiada pola traballadora Marta a cal nos explicou todo o básico no tocante ás abellas e á apicultura. Cabe decir que exerceu moi ben a súa labor de guía xa que en todo momento estivo pendente do grupo e soupo explicarnos os termos dun xeito moi claro e conciso.
Para rematar o día visitamos a Fervenza das Hortas na parroquia de Dombodán. Estamos a falar dun lugar moi fermoso (aínda que podía estar mellor coidado) habilitado para que calquera persoa o poida visitar.

14/12/13

Sotavento

   O día 20 de Novembro leváronnos de visita ó Parque Experimental de Sotavento, no concello lugés de Xermade. O día amenceu realmente frío, con fortes xeadas.
   Cando chegamos alí, o primeiro foi separarnos en dous grupos con dous guías distintos.A visita divideuse en tres partes: a primeira, na que nos ensinaron os sistemas de aforro de enerxía que ten a casa domótica, dende a súa construcción ata os que se lle van ampliando a medida que avanzan as novas tecnoloxías. A segunda parte foi unha presentación dos distintos aproveitamentos enerxéticos que se están a facer nos ríos e mares dende tempos inmemoriables ata hoxe. A terceira parte baseouse na presentación das vantaxes dos automóviles eléctricos e o seu aforro.
   Resultoume moi interesante o aproveitamento das augas grises, aínda que tampouco é tanto aforro, pois se o miras doutro xeito, o que aforras aproveitando a auga, gástalo na bomba que hai que usar para subila á cisterna.
   O que mellor me pareceu foi o sistema de calefación radiante, que se agradecía ben có día que estaba.
   A respecto dos coches eléctricos, podería ser que saísen rendibles, pero penso que todavía é demasiado cedo, pois nin hai subministración de combustible organizada como as gasolineras de petróleo nin me parecen asequibles os prezos dos vehículos.
   Logo de visitar a casa, quedo satisfeita cós novos sistemas que coñecín alí para aforrar enerxía, pero coido que aíanda estamos en cueiros e debemos empezar polo máis pequeno, apagar os televisores, ordenadores, cargadores do móbil.... e ir medrando pouco a pouco pero sen parar.


http://gl.wikiloc.com/wikiloc/imgServer.do?id=715905

O enredo do Abelleiro e Fervenza de Dombodán

   O día 22 de Novembro o instituto organizounos unha saída ó Enredo do Abelleiro, un lugar moi interesante onde tratan a vida das abellas e o seu aproveitamento en tódolos eidos.
   A nosa guía polo recinto foi Marta, unha muller que leva moitos anos traballando alí e que domina perfectamente o tema das abellas, en calquera proceso.
   A visita estivo ben, pero houbo un par de cousas que non me gustaron de Marta como guía. Estou de acordo en que está moi preparada, pero aportounos unha grande cantidade de datos numéricos que podían ser perfectamente prescincibles, pois ía ser imposible que os memorizásemos naquel momento.
   Outra cousa que non me gustou, foi que non se preocupou de ter a todo o grupo xunto para empezar coas súas explicacións, co que, parte de nós quedamos sen escoitala. Quizais as instalacións non permitan a visita dun número tan grande de persoas, pero, nese caso, deberíanos dividir ou poñernos outro guía.
   Polo demáis, resultoume moi interesante a visita e gustoume que nos disen a probar diferentes productos feitos polas abellas,

   Logo de sairmos de aí, fomos á Fervenza de Dombodán. Eu non a coñecía, sentíralle falar ós meus compañeiros dela, pero non imaxinei que houbera un lugar tan bonito no río Ulla.
   Foi unha magoa que levase tan pouca auga e non a puidesemos ver en todo o seu esplendor. Algún compañeiro dicía que no mes de Maio sí que está bonita, pois a auga reverte por tódalas paredes e canta diferentes cancións.
   O muiño é moi interesante, a mágoa e que estea abandonado. Amañaronno un pouco por fora, pero sería bonito velo funcionar de novo.
   Agardo que cando preparemos a visita cós nenos de primaria poidamos deixalo ben arranxado para que poidan andar sen perigo por alí, pois ahora mesmo, o pasamanos non é moito de fiar e a herba tan alta fai un pouco esbaradío o entorno da fervenza.




Visita ó Enredo do Abelleriro e á Fervenza de Dombodán

O pasado venres, 22 de novembro, visitamos o Enredo do Abelleiro, máis coñecido como o Museo do Mel.
A guía foi realizada por Marta, unha das encargadas do Museo. 
Marta é unha persoa agradabable e atenta. Explicounos os diferentes funcionamentos das intalacións que tiñan, como onde se extraía o mel, onde se envasaba, as diferentes colmeas que existían...
Podíase observar como sabía perfectamente do que estaba a falar e como lle gusta o que fai. Realizando a visita dunha forma dinámica e ordenada.
Actuou perfectamente como guía, explicou dunha forma que resultaba interesante, na que todos mostramos bastante interese, e soubo resolver as nosas dúbidas.
Para finalizar a guía, deixonos probar os distintos meles que tiñan.
Unha vez acabada esta cata, dirixímonos á Dombodán, moi preto do Museo. Alí puidemos observar a Fervenza, un lugar  maravilloso, e o muíño que hai. Onde realizaremos unha guía para os máis pequenos.

13/12/13

VISITA A SOTAVENTO

SOTAVENTO

O pasado 20 de novembro e tivemos unha saída ao concello lugués de Xermade, pois alí encóntrase o Parque Eólico de Sotavento, lugar de importancia a nivel galego.

En primeiro lugar, un dos encargados das explicacións ensinounos unha casa situada o carón do Parque Eólico, a cal está caracterizada por elementos que teñen como obxetívo minimizar os custes e a enerxía, entre os que se atopan:

-       -  Murotrome: sistema de pizarra negra, verde-grisácea e granito os cales manteñen unha temperatura diferente. É empregada na construcíon da casa.
-      -  As pedras que forman a casa na parte exterior están separadas para o movemento do aire.
-      -   Presianas eléctricas mediante botón.
-      -  Suelo radiante.
-      -   A auga da casa quéntase coas radiacións solares.
-      -   Sistema de control da auga do baño.

Un dato importante e que a mayoría das persoas non fai é non desenchufar o cargador do mobil cando non está a cargar ou as televisión enchufada cando non se utilizan, pois están a fastar enerxía.

En segundo lugar, xa noutro espazo que non pertencia a casa, mostraronnos o funcionamento mediante diferentes maquétas das centrais térmicas, eléctricas, nucleares, solares, fotovoltaica, hidráulica e mareomotriz.

Tamén aparece o tema dos coches eléctricos os cales se cargan polas noites e poden ser:

-       -  De batería.
-       -  Hídricos.

    Coa utilización deles redúcese o consumo en CO2, non se pasa a ITV, aforrase en combustible.

    Rematando, nesta visita aprendín a que non debemos malgastar as enerxías xa que a mayoría esgotanse.

Visita ao enredo do abelleiro e a fervenza das hortas

O día 22 de novembro fomos a unha visita ao enredo do abelleiro, onde nos amosaron todo o que alí había, e tamén o que alí facían. Neste lugar Marta unha experta no traballo do mel levounos por todas as instalacións , para ensinarnos todo o proceso de elababoración do mel.
Aquí tamén puidemos ver comos as abellas se movían nas colmeas, ou tamén puidemos ver a raíña da colmea, xa que tiñan unhas vitrinas de cristal que amosaban o interior dunha colmea.
Ao final tamén puidemos degustar os tipos de mel que tiñan, para levar un doce sabor no padal.
Despois da visita neste lugar tamén fomos visitar a fermosa fervenza das hortas, un lugar marabilloso no que se pode gozar da natureza.
Un lugar que volvería visitar sen ningunha dúbida.


ENREDO DO ABELLEIRO E FERVENZA DE DOMBODAN.


ENREDO DO ABELLEIRO:

O pasado 22 de novembro tivemos una saída o  Enredo do Abelleiro ( Museo vivente do mel) situado nas cercanías do Embalse de Portodemouros.
No seu interior atendeunos Marta, encargada de levar a cabo os procesos que no seu interior se realízan (limpeza das colmeas, procesos de recollida do mel, actividades no laboratorio…).

En primeiro lugar, Marta mostounos una serie de imáxes relacionadas coas abellas (reina, obreira e zángano; típos de colmeas como a Langstroth ou a Dadant) entre outras.

 Posteriormente, ensinounos as instalación polas cales se leva a cabo o proceso da mel, entre os cales se atopaba o laboratorio e as diferentes máquinas empregadas.

Na zona exterior ao abelleiro atópase una parcela onde se encontran unha serie de colmeas das cales recollen o mel.

 Asi tamén unha Oseira (construcción usada para evita-la entrada de intrusos, entre eles os osos, e protexer así a colleita de mel, de ahí o seu nome).

Tamén podemos ver unha Alacena (colema antiga propia das casas poderosas, casas grandes e pazos.
Estas colmeas estaban feitas en pedra e situadas na parte superior das casas ou no cuarto principal. Nos pazos pódense atopar dentro, nos cuartos principais e salóns e fora en alpendres orientados cara o norte.
A día de hoxe, aínda se poden atopar nalguns pazos.

Algo destacable nesta visita foi entre outras moitas cousas, a colección de Meles do Mundo, entre os que se atopaban unha gran variedade así como as colmeas e que todo o que podíamos observar encontrabase indicado co seu nome científico.


FERVENZA DE DOMBODÁN:

O pasado 22 de novembro aproveitando a visita ó Enredo do Abelleiro, tamén visitamos As Fervenzas de Dombodán.

Situadas moi preto do visitado primeiramente, ofrecenos unha imáxe da importancia da natureza.

Para chegar a elas é preciso camiñar aproximadamente 500m sobre un camino con abundancia de especies naturais e o discorrer da auga polas predas o que nos fai sentir pretos da natureza.

Unha vez que chegamos a elas apreciamos a beleza desta fervenzas, pois observamos cantidade de auga discorre polas rochas e baixa polo río con gran cantidade de especies vexetais e un muíño que xa non é utilizado. En definitíva, unha imáxe espectacular.





11/12/13

Mais saidas! Denovo contarvos os detalles da visita que fixemos o Enrredo do abelleiro. Unha instalación adicada a producción de mel ecolóxica e na cal se imparten visitas guiadas. A nosa guía foi una das traballadoras da instalación que nos mostrou dende os utensilios extractores de mel ata a raiña da colmea. Un autentico espectáculo poder examinar una colmea no seu interiro.
Un mundo incrible o da apicultura e con profesionais como Marta que o fan moito mais cercano moito mellor.
Esta primeira avaliación podemos afirmar que foi todo un éxito non o digo por as notas non o digo polos coñecementos académicos e que na miña opinión as cousas ai que velas, tocalas e sentilas. Este foi o motivo polo cal acudimos a ver as instalacións bioclimáticas situadas no parque eólico de Sotavento.
A atracción pricipal sen duda foi a casa bioclimática na cal exprimían o maximo os recursos do medio reducindo os residuos acadando uns resultados fascinantes.
Enerxia electrica: solar, Enerxia termica: mediante peles, Aproveitamentos dos factores ambientais (choiva, ventos frios, posición xeografica...
Tamén cabe destacar a labor dos interlocutores a hora de mostrarnos as distintas formas de producir enerxía eléctrica cos seus pros e contras. En definitiva una xornada de proveito.

8/12/13

Visita a Sotavento

A visita a sotavento foi moi interesante xa que nun primeiro momento nos mostraron unha casa ecolóxica e as súas vantaxes. Esto pareceume moi interesante debido ao descoñecemento que posuía de moitas técnicas para levar un modo de vida máis eficiente e respetuoso co medio ambiente. Desde o meu punto de vista esto e de boa aplicación nateoría pero na práctica non creo que sala rentable.

Na segunda parte da visita nos ensinaron o funcionamento da tecnoloxía que fai posible que haxa enerxías renovables, aínda que o guía explicounolo dunha maneira moi técnica e non conseguiu transmitirme os seus coñecementos de maneira axeitada e acabin perdendo un pouco o fío das explicacións. Posteriormente mostráronsenos as vantaxes dos coches con motores eléctricos ou híbridos e de como poden irse ganando un posto no mercado, ainda un pouco reactivo á introducción destes modelos de vehículos.

Visita ao Enredo do Abelleiro e á Fervenza de Dombodán

A escursión ao museo vivente do mel e á fervenza desde o meu punto de vista foi a salida que máis me gustou no que levamos de curso.

O lugar do Enredo do Abelleiro pareceume moi interesante e gustoume moito ver tan de cerca o tema da apicultura, cousa que me sirveu para o examen. A visita foi moi amena e a guía suponos expoñer moi ben os procesos para obter o mel e a cera. O sitio estaba moi coidado e permitia a opción de ver panais de abellas desde cerca sen correr riscos. Posteriormente, foi moi do meu agrado a cata dos diferentes tipos de mel que extraían de alí e poder dar a miña opinión, que foi positiva.

Por outra banda, a visita á fervenza encantoume xa que é un paraíso natural cercano e digno de que todo residente e visitante da zona pase por él e visitar o seu muiño. O lugar, pese a estar preto dunha estrada e dun pueblo da a sensación de estar completamente inmerso nunha natureza salvaxe.

7/12/13

visita o Enredo do Abelleiro e a Fervernza das hortas

O pasado 22 de novembro realizamos unha visita a dous lugares que sen dúbida non decepcionaron a ninguén ou polo menos a min.

A primeira visita foi o Enredo do Abelleiro (museo vivente do mel) onde nos recibiu Marta, unha agradable persoa a cal se esforzou o máximo para que puxeramos en práctica todos os coñecementos teóricos que xa posuíamos.

A posta en escena de Marta foi moi boa sabía claramente do que falaba posto que é  unha das traballadoras do museo. Dende o meu punto de vista a súa explicación foi axeitada, soubo reaccionar fronte as dúbidas que surxiron con unhas respostas directas sen usar termos científicos os cales poderían ocasionar máis dubidas. Sen embargo cabe destacar como punto negativo desta visita que o local non se adapta a grupos de xente moi numerosos, xa que as persoas que se quedan na parte traseira do grupo non podía seguir nin escoitar o fío das explicacións. Por outra parte tamén hai que destacar que Marta non se preocupaba por todo o grupo e debería facer algo por evitar esta situación ao ser un lugar moi visitado e porque un guía debe saber achegar unha solución.

Unha vez finalizada a visita puidemos catar os distintos tipos de mel e marchar cun agradable sabor doce no padal, tamén aproveitamos o momento para deixar a nosa pegada persoal asinándolle o libro de visitas.


Xa por último fomos visitar a preciosa fervenza das Hortas situada na parroquia de Dombodán, un lugar que non deixa diferente a ninguén. Dita fervenza consiste nun salto de auga duns 30 metros entre prados e montes, o acceso foi reformado polo concello aínda que se atopa nun estado bastante deteriorado polas condicións meteorolóxicas e pola multitude de xente que a vai visitar.

VISITA AO PARQUE DE SOTAVENTO


O pasado 20 de novembro realizamos unha visita ao parque eólico de Sotavento, en Xermade.

Da man de dous guías coñecimos unha vivenda baseada na bioconstrución e nos sistemas de enerxía renovables. Foi moi interesante ver e saber como podemos empregar tanto a enerxía que nos proporciona a auga como o sol.Tamén nos informaron de como podemos ser máis ecolóxicos dentro das nosas vivendas. E co simple feito de adoptar unhas sinxelas prácticas e coa adquisición duns sinxelos mecanismos podemos aforrar moito diñeiro e contribuír a un mundo moito máis sostible.

Máis tarde, vimos unhas maquetas que representaban varios tipos de enerxías renovables: maremotriz, eólica, solar... e a través delas coñecimos as vantaxes e o funcionamento deste tipo de enerxías.

Por último, recibimos unha charla sobre vehículos eléctricos. Foi bastante curioso saber que hai unhas décadas a totalidade dos vehículos eran eléctricos. Tamén se nos deixou claro que a pesar de que son o futuro, as patentes da construción destes vehículos atópanse nas mans de grandes petroleiras. Debido a que o negocio destas é a venta de petróleo non lles interesa que estes tipos de vehículos saian ao mercado e sexan adquiridos polos cidadáns. Entón o que fan as multinacionais do petróleo é comprar as patentes para así frear a venta dos coches eléctricos.
O parque de Sotavento consta dun coche deste tipo. Mágoa que estivese sen carga e non o poder probar!

Unha moi interesante visita.

Visita a Sotavento



O día 20 de novembro tivemos a ocasión de visitar o Parque Eólico Experimental Sotavento, situado en Momán - Xermade (Lugo).
Unha vez chegamos o noso destino, atopámonos cunhas instalacións  destinadas a I+D e a formación e divulgación das distintas enerxías renovables.
Feitas as presentacións separáronnos en dous grupos para presentarnos o abanico de actividades que alí viñan desenvolvendo. En primeiro lugar ensináronnos unha casa bioclimática, na cal o seu funcionamento está baseada sempre no aforro enerxético, e para elo usaban unha serie de trucos conseguindo unha redución importante no consumo. Sen dúbida é un sistema moi importante que todo o mundo debería de usar para ir freando paulatinamente o consumo dos nosos recursos naturais. O maior problema que atopamos para chegar a unha casa deste tipo e o desembolso forte que debemos facer o principio.
Nunha segunda parte explicáronnos como se obtiñan enerxías limpas a través dos elementos naturais dos que dispoñemos como poden ser o vento a auga ou o biocombustible, etc. Nesta parte tamén nos puxeron unha comparativa de aforro no transporte diario (os coches), sendo moito máis rentable un eléctrico que un diésel.
Como conclusión diría que foi unha viaxe moi boa xa que aprendemos moitas formas de aforro nunha vivenda, ademais dos diferentes tipos de enerxías renovables.
A presentación e desenvolvemento da mesma foi moi ben preparada xa que os nosos guías facían que participaras a par que eles daban a súa explicación, facéndoa máis amena.

VISITA AO ENREDO DO ABELLEIRO


O mel e as abellas son tan extraordinarios que ben merecen un museo.
O pasado 22 de novembro fixemos unha visita ao Enredo do Abelleiro. Museo vivinte do mel, situado moi preto do encoro de Portodemouros, a uns 10 km da vila de Arzúa.

Fumos guiados por Marta, unha das traballadoras do museo que nos ofreceu unha visita didáctica onde fixemos prácticos moitos dos nosos coñecementos teóricos. Dun xeito claro, preciso e concreto falounos da historia, dos útiles de traballo, das abellas, dos procesos de elaboración dos produtos da colmea, de curiosidades do mundo apícola, etc. Marta ensinounos con moito entusiasmo o museo. Estivo moi pendente do grupo, soubo captar a nosa atención, e tamén tomaba molestias para saber se o grupo comprendía as súas explicacións. Pero, sen dúbida, o que máis resalto da explicación de Marta foi que soubo adaptarse ao nivel do grupo e non fixo un uso excesivo de tecnicismos. Cousa que eu particularmente agradezo moito xa que a miúdo, a diario, vexo que un número importante de persoas fan un uso excesivo deles, cando nunha gran parte das veces é completamente innecesario e o único que fan é convertir as explicacións en díficiles, pesadas e oscuras.
En xeral, a explicación de Marta gustoume moito, pareceume unha charla amena, clara e funcional xa que acadou o seu obxectivo: darnos unha visión completa do mundo apícola.


E despois de catar o mel, achegámonos á Fervenza das Hortas, un dos meus lugares favoritos do concello de Arzúa. Entre prados e pistas da parroquia de Dombodán parece agocharse un salto de auga cun contorno natural fascinante. Auga, aire, vexetación e muíño. Un entorno moi agradable que o Concello completou cunha pasarela de madeira para facilitar o descenso.

Visita O Museo Vivente do Mel e a Fervenza de Dombodan (Arzúa)




O pasado 22 de novembro fixemos unha saída cultural que nos levou a dous lugares diferentes, o Museo vivente do mel, situado xunta o encoro de Portodemouros, e en segundo lugar visitamos a fervenza de Dombodan,situada no lugar de As Hortas (Arzúa).
Como o seu nome indica “Museo Vivinte da Mel”, nel explicáronnos de forma bastante detallada o labor que realizan uns singulares animaliños como son as avellas. Para esta misión tibemos como guía a Marta. Dende o punto de vista que nos trae ata esta cuestión que é o análise da actuación da mesma como guía  so teño que reflexar un par de puntos:
1.                        No referinte a materia, só cabe dicir que é toda unha profesional do tema que se trataba xa que soubo responder a todas as dúbidas que lle foron xurdindo os visitantes, neste caso nós.
2.                        No tocante a organización, é a parte na que terían un suspenso, xa que teñen un local moi ben habilitado e estructurado, pero só para grupos pequenos, o que fai a visita ineficaz en determinados momentos xa que o persoal que se atopa mais retrasado non é capaz de escoitar as explicacións do guía. É por elo que tamén lle debo dar un suspenso a guía xa que como tal deberíase dar conta destas cousas e por en marcha algunha técnica que mitigara tal efecto.
Para rematar o día visitamos A Fervenza de Dombodan, que sen dúbida é un espazo natural impresionante. Nel atopamos unha caída de auga incrible o par que fermosa, que nós permite disfrutar dun concerto de sons producidos pola auga.
O entorno está bastante ben preparado para que persoas de distintas idades poidan acceder o lugar, xa que temos un camiño transitable peatonal o principio e despois nos lugares de peor acceso e máis perigosos colocaron un pasamáns. Tamén hai que dicir que hai un pequeno abandono no mantemento deste espazo (rozar as vías de acceso, e colocar pequenos desperfectos que se van deixando e rematan por ir a máis).