7/12/13

VISITA AO ENREDO DO ABELLEIRO


O mel e as abellas son tan extraordinarios que ben merecen un museo.
O pasado 22 de novembro fixemos unha visita ao Enredo do Abelleiro. Museo vivinte do mel, situado moi preto do encoro de Portodemouros, a uns 10 km da vila de Arzúa.

Fumos guiados por Marta, unha das traballadoras do museo que nos ofreceu unha visita didáctica onde fixemos prácticos moitos dos nosos coñecementos teóricos. Dun xeito claro, preciso e concreto falounos da historia, dos útiles de traballo, das abellas, dos procesos de elaboración dos produtos da colmea, de curiosidades do mundo apícola, etc. Marta ensinounos con moito entusiasmo o museo. Estivo moi pendente do grupo, soubo captar a nosa atención, e tamén tomaba molestias para saber se o grupo comprendía as súas explicacións. Pero, sen dúbida, o que máis resalto da explicación de Marta foi que soubo adaptarse ao nivel do grupo e non fixo un uso excesivo de tecnicismos. Cousa que eu particularmente agradezo moito xa que a miúdo, a diario, vexo que un número importante de persoas fan un uso excesivo deles, cando nunha gran parte das veces é completamente innecesario e o único que fan é convertir as explicacións en díficiles, pesadas e oscuras.
En xeral, a explicación de Marta gustoume moito, pareceume unha charla amena, clara e funcional xa que acadou o seu obxectivo: darnos unha visión completa do mundo apícola.


E despois de catar o mel, achegámonos á Fervenza das Hortas, un dos meus lugares favoritos do concello de Arzúa. Entre prados e pistas da parroquia de Dombodán parece agocharse un salto de auga cun contorno natural fascinante. Auga, aire, vexetación e muíño. Un entorno moi agradable que o Concello completou cunha pasarela de madeira para facilitar o descenso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario