14/12/13

Sotavento

   O día 20 de Novembro leváronnos de visita ó Parque Experimental de Sotavento, no concello lugés de Xermade. O día amenceu realmente frío, con fortes xeadas.
   Cando chegamos alí, o primeiro foi separarnos en dous grupos con dous guías distintos.A visita divideuse en tres partes: a primeira, na que nos ensinaron os sistemas de aforro de enerxía que ten a casa domótica, dende a súa construcción ata os que se lle van ampliando a medida que avanzan as novas tecnoloxías. A segunda parte foi unha presentación dos distintos aproveitamentos enerxéticos que se están a facer nos ríos e mares dende tempos inmemoriables ata hoxe. A terceira parte baseouse na presentación das vantaxes dos automóviles eléctricos e o seu aforro.
   Resultoume moi interesante o aproveitamento das augas grises, aínda que tampouco é tanto aforro, pois se o miras doutro xeito, o que aforras aproveitando a auga, gástalo na bomba que hai que usar para subila á cisterna.
   O que mellor me pareceu foi o sistema de calefación radiante, que se agradecía ben có día que estaba.
   A respecto dos coches eléctricos, podería ser que saísen rendibles, pero penso que todavía é demasiado cedo, pois nin hai subministración de combustible organizada como as gasolineras de petróleo nin me parecen asequibles os prezos dos vehículos.
   Logo de visitar a casa, quedo satisfeita cós novos sistemas que coñecín alí para aforrar enerxía, pero coido que aíanda estamos en cueiros e debemos empezar polo máis pequeno, apagar os televisores, ordenadores, cargadores do móbil.... e ir medrando pouco a pouco pero sen parar.


http://gl.wikiloc.com/wikiloc/imgServer.do?id=715905

No hay comentarios:

Publicar un comentario