6/12/13

VISITA CON FERNÁN


Volver a mirar a Arzúa con outros ollos. Cos ollos dos seus veciños. Coñecimos Arzúa dende a mirada de Torreiro da Biblioteca, de Pila do Rueiro, da señora das Valiñas, das concelleiras do equipo de goberno, de Rosa da Aula de Teatro. Luís da carnicería Tarazona non puido prestarnos o seu tempo por cuestións de grande importancia. Pero non pasa nada porque a ruta estaba viva, é raro que as cousas saian como as pensamos. Pero non foi un problema, foi vida da ruta.
Fernán pretendeu que visemos a paisanaxe de Arzúa. Porque un lugar é de determinada maneira polas xentes que o habitan. Porque a paisaxe dun lugar e as persoas que nel viven están tan intimamente ligados vivindo nunha relación simbiótica que conforman a paisanaxe, o realmente importante, o que nos ensinou Fernán.
Coa súa visita, Fernán demostrounos que todo é valioso, só hai que saber ollalo.
Fernán regalounos unha ollada diferente da miña vila e unha ollada diferente da vida.
Ata a próxima!

No hay comentarios:

Publicar un comentario