7/12/13

visita o Enredo do Abelleiro e a Fervernza das hortas

O pasado 22 de novembro realizamos unha visita a dous lugares que sen dúbida non decepcionaron a ninguén ou polo menos a min.

A primeira visita foi o Enredo do Abelleiro (museo vivente do mel) onde nos recibiu Marta, unha agradable persoa a cal se esforzou o máximo para que puxeramos en práctica todos os coñecementos teóricos que xa posuíamos.

A posta en escena de Marta foi moi boa sabía claramente do que falaba posto que é  unha das traballadoras do museo. Dende o meu punto de vista a súa explicación foi axeitada, soubo reaccionar fronte as dúbidas que surxiron con unhas respostas directas sen usar termos científicos os cales poderían ocasionar máis dubidas. Sen embargo cabe destacar como punto negativo desta visita que o local non se adapta a grupos de xente moi numerosos, xa que as persoas que se quedan na parte traseira do grupo non podía seguir nin escoitar o fío das explicacións. Por outra parte tamén hai que destacar que Marta non se preocupaba por todo o grupo e debería facer algo por evitar esta situación ao ser un lugar moi visitado e porque un guía debe saber achegar unha solución.

Unha vez finalizada a visita puidemos catar os distintos tipos de mel e marchar cun agradable sabor doce no padal, tamén aproveitamos o momento para deixar a nosa pegada persoal asinándolle o libro de visitas.


Xa por último fomos visitar a preciosa fervenza das Hortas situada na parroquia de Dombodán, un lugar que non deixa diferente a ninguén. Dita fervenza consiste nun salto de auga duns 30 metros entre prados e montes, o acceso foi reformado polo concello aínda que se atopa nun estado bastante deteriorado polas condicións meteorolóxicas e pola multitude de xente que a vai visitar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario