7/12/13

Visita a Sotavento



O día 20 de novembro tivemos a ocasión de visitar o Parque Eólico Experimental Sotavento, situado en Momán - Xermade (Lugo).
Unha vez chegamos o noso destino, atopámonos cunhas instalacións  destinadas a I+D e a formación e divulgación das distintas enerxías renovables.
Feitas as presentacións separáronnos en dous grupos para presentarnos o abanico de actividades que alí viñan desenvolvendo. En primeiro lugar ensináronnos unha casa bioclimática, na cal o seu funcionamento está baseada sempre no aforro enerxético, e para elo usaban unha serie de trucos conseguindo unha redución importante no consumo. Sen dúbida é un sistema moi importante que todo o mundo debería de usar para ir freando paulatinamente o consumo dos nosos recursos naturais. O maior problema que atopamos para chegar a unha casa deste tipo e o desembolso forte que debemos facer o principio.
Nunha segunda parte explicáronnos como se obtiñan enerxías limpas a través dos elementos naturais dos que dispoñemos como poden ser o vento a auga ou o biocombustible, etc. Nesta parte tamén nos puxeron unha comparativa de aforro no transporte diario (os coches), sendo moito máis rentable un eléctrico que un diésel.
Como conclusión diría que foi unha viaxe moi boa xa que aprendemos moitas formas de aforro nunha vivenda, ademais dos diferentes tipos de enerxías renovables.
A presentación e desenvolvemento da mesma foi moi ben preparada xa que os nosos guías facían que participaras a par que eles daban a súa explicación, facéndoa máis amena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario