6/12/13

VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO

O día 20 de novembro tivemos o pracer de visitar co IES de Arzúa o Parque Eólico Experimental Sotavento.




  A Fundación Sotavento Galicia desenvolve as súas actividades en    Sotavento, que pertence a Momán-Xermade (Lugo). Esta instalación  promovida pola Xunta de Galicia, coordina a iniciativa pública e privada  co obxectivo de realizar distintas actividades de I+D, así como de  propostas de formación e divulgación das enerxías renovables e o aforro  enerxético.

  Neste lugar explicáronnos o  funcionamento dunha casa ecolóxica   e os "trucos" para conseguir unha efectividade enerxética nela. Uns exemplo destes "trucos": cisterna do baño con doble botoneira, recollida das augas grises da casa para reutilizala, muro do tipo TROMBE para facilitar a ventilación, utilización das placas fotovoltaicas etc. Aprendemos de forma moi amena os recursos que podemos ter en conta á hora de construir unha casa ecolóxica, e tamén nos aproximaron ao precio que esto conleva (que dende o meu punto de vista é bastante caro).

Gracias á explicación dos guías tamén aprendemos como se xera a electricidade que consumimos e de onde procede (centrais térmicas, centrais nucleares, centrais hidroeléctricas, parques eólicos...) e outras opcións que están en experimentación como a obtención da enerxía a través do aproveitamento das mareas do mar (o cal me impresionou, sobre todo pola maqueta tan explicativa que teñen na exposición).


  Por último puidemos ver a historia do uso do  automóvil e os tipos que hai. Neste punto o que  máis me impresionou é que teñen un coche eléctrico   e con el nos explicaron o funcionamento e as súas  posibilidades no mercado actual.

Para máis información: Parque Sotavento (imaxes recollidas desta páxina).








No hay comentarios:

Publicar un comentario