6/12/13

VISITA AO MUSEO VIVENTE DO MEL (PORTODEMOUROS-ARZÚA)

O día 22 de novembro tivemos o pracer de visitar as instalacións do Museo vivente do mel  "Enredo do Abelleiro" co IES de Arzúa.


En Portodemouros (Arzúa) sitúase o Museo vivente do mel, gran descoñecido por min e grata sorpresa, por certo.


Gracias á nosa guía, Marta, puidemos descubrir unha pequena parte da vida das abellas, xa que son uns animais dos máis complexos que existen en canto á labor que desempeñan. Tamén gozamos da explicación de como se obteñen os distintos productos derivados das abellas (cera, mel, xalea real...) así como información sobre o seu envasado, etiquetado etc.

Analizando a intervención do noso guía, tal como nós a estudiamos nas clases teóricas de Educación Ambiental, podo dicir que foi moi interesante a visita polo tema que era, aprendín moito a efectos prácticos (non é o mesmo estudiar a materia de forma teórica, que velo na realidade). Marta soubo como encarar a visita xa que é profesional do tema e ten dotes para a explicación. O único que podo dicir que non me pareceu de todo correcto, sabendo de antemán que non é un traballo doado cando se trata dun grupo numerosos como eramos, é que houbo momentos nos que a xente estaba dispersa e non atopou a maneira de xuntar a esas persoas para que todos nos enteraramos nunha soa vez en que consistía o que estaba explicando.

Para máis información: O Enredo do Abelleiro (Portodemouros-Arzúa)

No hay comentarios:

Publicar un comentario