14/12/13

O enredo do Abelleiro e Fervenza de Dombodán

   O día 22 de Novembro o instituto organizounos unha saída ó Enredo do Abelleiro, un lugar moi interesante onde tratan a vida das abellas e o seu aproveitamento en tódolos eidos.
   A nosa guía polo recinto foi Marta, unha muller que leva moitos anos traballando alí e que domina perfectamente o tema das abellas, en calquera proceso.
   A visita estivo ben, pero houbo un par de cousas que non me gustaron de Marta como guía. Estou de acordo en que está moi preparada, pero aportounos unha grande cantidade de datos numéricos que podían ser perfectamente prescincibles, pois ía ser imposible que os memorizásemos naquel momento.
   Outra cousa que non me gustou, foi que non se preocupou de ter a todo o grupo xunto para empezar coas súas explicacións, co que, parte de nós quedamos sen escoitala. Quizais as instalacións non permitan a visita dun número tan grande de persoas, pero, nese caso, deberíanos dividir ou poñernos outro guía.
   Polo demáis, resultoume moi interesante a visita e gustoume que nos disen a probar diferentes productos feitos polas abellas,

   Logo de sairmos de aí, fomos á Fervenza de Dombodán. Eu non a coñecía, sentíralle falar ós meus compañeiros dela, pero non imaxinei que houbera un lugar tan bonito no río Ulla.
   Foi unha magoa que levase tan pouca auga e non a puidesemos ver en todo o seu esplendor. Algún compañeiro dicía que no mes de Maio sí que está bonita, pois a auga reverte por tódalas paredes e canta diferentes cancións.
   O muiño é moi interesante, a mágoa e que estea abandonado. Amañaronno un pouco por fora, pero sería bonito velo funcionar de novo.
   Agardo que cando preparemos a visita cós nenos de primaria poidamos deixalo ben arranxado para que poidan andar sen perigo por alí, pois ahora mesmo, o pasamanos non é moito de fiar e a herba tan alta fai un pouco esbaradío o entorno da fervenza.




No hay comentarios:

Publicar un comentario