16/12/13

VISITA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO:

O pasado mércores 20 de Novembro tivemos unha visita ao parque eólico de Sotavento (no concello de Xermade, na provincia de Lugo).
A visita estructurouse en 3 bloques diferentes:
1) En primeiro lugar amosóusenos un prototipo de casa domótica baseada no aforro de enerxía, utilizando para iso técnicas como o sistema de control da auga do baño ou o chan radiante.
2) A continuación tivemos unha charla explicativa sobre os diferentes tipos de enerxías renovables (tales como a eólica, a solar ou a maremotriz). Explicáronsenos todas as vantaxes da utilización destas enerxías renovables.
3) Para rematar asistimos a unha charla sobre os novos vehículos electrónicos. A exposición foi dende os orixes deste tipo de vehículo ata á situación actual (a cal non é moi favorable debido aos texemanexes das grandes petroleiras).

Podemos concluir que foi unha visita amena e instructiva xa que aprendemos formas alternativas de vida, gustándome especialmente o prototipo de casa domótica.


VISITA AO MUSEO VIVINTE DO MEL E Á FERVENZA DAS HORTAS:

O 22 de Novembro tivemos unha nova visita guiada; desta vez os destinos foron o Museo Vivinte do Mel (no encoro de Portodemouros) e a Fervenza das Hortas de Dombodán.
Con respecto ao Enredo do Abelleiro tivemos unha visita guiada pola traballadora Marta a cal nos explicou todo o básico no tocante ás abellas e á apicultura. Cabe decir que exerceu moi ben a súa labor de guía xa que en todo momento estivo pendente do grupo e soupo explicarnos os termos dun xeito moi claro e conciso.
Para rematar o día visitamos a Fervenza das Hortas na parroquia de Dombodán. Estamos a falar dun lugar moi fermoso (aínda que podía estar mellor coidado) habilitado para que calquera persoa o poida visitar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario