7/12/13

VISITA AO PARQUE DE SOTAVENTO


O pasado 20 de novembro realizamos unha visita ao parque eólico de Sotavento, en Xermade.

Da man de dous guías coñecimos unha vivenda baseada na bioconstrución e nos sistemas de enerxía renovables. Foi moi interesante ver e saber como podemos empregar tanto a enerxía que nos proporciona a auga como o sol.Tamén nos informaron de como podemos ser máis ecolóxicos dentro das nosas vivendas. E co simple feito de adoptar unhas sinxelas prácticas e coa adquisición duns sinxelos mecanismos podemos aforrar moito diñeiro e contribuír a un mundo moito máis sostible.

Máis tarde, vimos unhas maquetas que representaban varios tipos de enerxías renovables: maremotriz, eólica, solar... e a través delas coñecimos as vantaxes e o funcionamento deste tipo de enerxías.

Por último, recibimos unha charla sobre vehículos eléctricos. Foi bastante curioso saber que hai unhas décadas a totalidade dos vehículos eran eléctricos. Tamén se nos deixou claro que a pesar de que son o futuro, as patentes da construción destes vehículos atópanse nas mans de grandes petroleiras. Debido a que o negocio destas é a venta de petróleo non lles interesa que estes tipos de vehículos saian ao mercado e sexan adquiridos polos cidadáns. Entón o que fan as multinacionais do petróleo é comprar as patentes para así frear a venta dos coches eléctricos.
O parque de Sotavento consta dun coche deste tipo. Mágoa que estivese sen carga e non o poder probar!

Unha moi interesante visita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario