21/11/13

Visita ao parque eólico de Sotavento

O pasado mércores 20 de novembro visitamos o parque eólico de Sotavento o cal se encontra na provincia de Lugo. En primeiro lugar ensináronnos a casa ecolóxica donde nos explicaron a forma de aforrar o máximo posible dentro dunha casa: recollida de augas grises, placas solares, paredes ailladas para manter a calor, orientación da casa, etc.....


Despois disto fomos ao local principal onde nos mostraron as diferentes enerxías tanto renovables como non renovables das que sacamos a enerxía que utilizamos nas nosas vivendas. Explicáronnos o funcionamento dunha central térmica cunha pequena maqueta dunha máquina a vapor, a continuación seguimos coas centrais hidráulicas con outra pequena maqueta onde nos amosaron o que se fai nos casos de máxima demanda e de menor. A enerxía utilizada por eles mesmos é a eólica, donde tamén con pequenas maquetas nos explicaron o que fan nos momentos de máxima demanda e de menor.


E para rematar leváronnos a unha sala donde nos ensinaron as vantaxes e os inconvintes do coche eléctrico entre outros aspectos. Indicáronnos as diferentes razóns polas cales a administración non quere promover a evolución dos coches eléctricos. Por último mediante unha serie de diapositivas puidemos ver os diferentes tipos de transporte e observar cales son os mais contaminates, así como a comparación con coches eléctricos os cales desde o meu punto de vista a longo prazo saen rentables e contribuímos ao mantemento do medioambiente pero o gran inconvinte destes é a inversión inicial. 

Enlace: http://1.bp.blogspot.com/VOqUU2L5FGg/UhI3Rda4HlI/AAAAAAAAAcs/rf0FOTjc1JM/s1600/vista+parque+e%C3%B3lico+sotavento.jpg

No hay comentarios:

Publicar un comentario