1/10/13

A obsolescencia

A obsolescencia programada.
Na miña opinión sobre a obsolescencia programada,o problema está na sociedade consumista na que vivimos.
Creo que deberíamos pensar un poco na forma na que se podería mellorar a sociedade,para non provocar tantos problemas de contaminación e tamén no medioambiente.
Por exemplo os donos de tantas fábricas de productos que inciden na cadea de producción, que modifica a vida útil dun obxecto, deberían recibir sancións ou multas para eliminar este problema.
Para reducir a contaminación deberíamos mentalizarnos en levar un estilo de vida máis axeitado; e dicir; reflexionar sobre os obxetos que mercamos e tamén nos que tiramos ao lixo. Porque moitas veces tiramos obxetos que aínda nos poderían servir, ou polo contrario tamén mercamos obxetos que non necesitamos.
Outro factor importante que hai que ter en conta neste gran problema do que todos somos culpables , e a situación económica na que nos atopamos actualmente, xa que nalgúns casos mercamos obxectos sen importarnos o prezo que teñan, pero despois dunha longa tempada sen usalos acordámonos do que gastamos inutilmente en mercalos ; e polo tanto sen darnos conta de que ese diñeiro que gastamos xa non o temos dispoñible para o que realmente necesitamos no día a día.
Para saír desta situación todos deberíamos colaborar e pensar no que realmente necesitamos para vivir felizmente, pero sin cometer grandes excesos.
Para lograr este obxetivo creo que se debería facer máis fincapé nun uso adecuado das fontes de enerxía que a natureza nos ofrece, pero sen olvidarnos de que estas fontes de recursos que para nós son indispensables, un día rematarán por esgotarse. Para que isto non ocurra os nosos políticos tamén deberían tomar unha maior inciativa e dar exemplo para crear unha nova sociedade.
Nesta nova sociedade tanto os políticos como os habitantes deberíanse preocupar de unha labor de mellora tanto social como medioambiental.
Para concluír ; pensemos no dano que estamos facendo nas nosas vidas e o noso entorno natural, e tamén sobre todo nas consecuencias que isto nos pode traer.

                                                                                  

No hay comentarios:

Publicar un comentario