2/10/13

A obsolescencia programada


A obsolescencia programada

Despois de ver o documental na clase quedei abraiado dado que descubn a existencia de algo do cal non tiña nin idea e que nos afecta moito a todos:a obsolescencia programada.

Imaxe en:http://www.calcco.com/index.php/blog/180/obsolescencia-programada-reportaje/es
A obsolescencia programada comezou xa fai tempo atrás despois de que os empresarios se deran conta de que se as cousas que vendían duraban moito,os consumidores non mercarían tantos produtos como eles querían. E a "brillante" idea que tiveron foi acortar a vida útil dos produtos adrede para que cando chegaran a un determinado número de horas de uso estes deixasen de funcionar parcial ou totalmente,e cando os consumidores tentaran de arranxar o produto,estes o que farían sería recomendarlles mercar outro novo,enganándoo decindo que o novo produto e de maior calidade,cando en realidade está programado para que falle antes. Desta maneira as ventas aumentaron e estes empresarios fixéronse ricos enganando á xente.

Imaxe en:http://www.change.org/es/peticiones/uni%C3%B3n-europea-legislaci%C3%B3n-que-ponga-fin-a-la-obsolescencia-programada
Persoalmente,creo que esto só gusta ós donos das grandes empresas que se enriquecen con isto. Si e certo que podería dar algún beneficio,xa esto debería crear máis postos de traballo,sen embargo nas industrias de hoxe xa todo se fai con máquinas. Ademais do evidente feito de intentar enganar á xente,outro dos contras que ten esta práctica son os inevitables desperdicios que se crean ao estar cambiando continuamente de produto. O que se está a facer na actualidade é enviar eses desperdicios a países subdesenvolvidos, como Ghana, que non teñen nada que ver e facer que non existe o problema. Ademais da evidente e masiva consumición dos recursos da Terra,xa que non se lles da tempo a renovarse.

Deberíamos tentar de facer algo contra este tipo de cousas que,ademais de danar o medio ambiente,crean unha sociedade consumista e insostible. Cousas como sancións ou penas de cárcere para esta xente mellorarían a situación. Que se vai facer cando xa non haxa sitio para os residuos que xeramos? E que pasa coa xente dos países subdesenvolvidos? Como se senten? E se deciden o que deberían decidir e se rebelan polo seu,serían os empresarios os que pagarían esas consecuencias? Que faremos cando se esgoten os recursos? Estas preguntas son as que deberían facerselle ós donos das empresas que fan esto,a ver se se mentalizan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario