2/10/13

A VIDA DAS COUSAS (Obsolescencia programada)

Grazas a documentais como este aumenta a conciencia dos espectadores e chegan a un público amplo nocións e información do que está pasando neste mundo, de como somos manexados por grandes capitalistas sen escrupulos. Aínda que eu era coñecedor desta problemática dende hai tempo, síntome débil ante as medidias a tomar porque a nivel individual ¿que podemos facer?

A "obsolescencia programada" non é máis que dar morte a cousas útiles para beneficios das grandes industrias e incremento dos grandes capitais.

Mentres uns se enriquecen vilmente outros pagan as consecuencias vendo como son contaminadas as súas terras con produtos, que os países desenvolvidos xa non precisan.




Imaxes como esta deberían facer reflexionar aos gobernantes deste primeiro mundo e aprobar leis e medidas de sanción contra este tipo de prácticas.

 Imaxe: http://monterrey.milenio.com/cdb/doc/noticias2011/d66c3c523c60b03240b8c4d4c48a03fc






No hay comentarios:

Publicar un comentario