2/10/13

OBSOLESCENCIA PROGRAMADA


OBSOLESCENCIA PROGRAMADA



Imaxe1
  A semana pasada vimos un documental na clase (retransmitido fai pouco na tve) que trataba da obsolescencia programada. Este término quere explicar o que vén pasando con certos materiais cotidiáns dende os anos 50 aproximadamente. Ríxese polo enfoque americano do consumo daqueles anos: Crear un cliente insatisfeito, é dicir cortar a vida útil dun obxecto (o exemplo máis comentado no documental foi o dunha bombilla, unha impresora etc) para así incitar a unha maior venta do producto, así como un incremento pronunciado dos beneficios para a empresa interesada.

 Admito que nunca oíra tal cousa, e sorprendeume o cerca que está das nosas vidas. Con esta breve opinión, a ver se son capaz de facer reflexionar a alguén como me fixo facer o documental a min.

 Por que temos esa necesidade constante en consumir, consumir e consumir? 
Eu non creo que sexa necesario tanto consumo. Se certos materiais, como foi a bombilla, se crearon nun principio para durar moitísimas  horas e funcionaron ben, para que tiveron que descartalos e poñer outros no sitio que duraban moito menos? Non é lóxico, dende o meu punto de vista.

Estamos gastando os recursos naturais da Terra  para crear obxectos que nin sequera nos son imprescindibles. Cómodos si, pero non imprescindibles. Que dereito temos nós a facer eso? Nós non somos os donos deste planeta!! Solo estamos de paso. Non nos damos de conta que estes detalles por moi pequenos que sexan, se se puideran evitar, estariámosnos facendo un gran favor a nós mesmos.


Posibles solucións: con xestos moi pequenos podemos acadar grandes cousas! 

Se cada un puxera o seu graniño de area con detalles como: 
  • Coidando o noso medio natural.
  •  Pensando en reutilizar os desperdicios que xeramos sin enviarllos a outro país e pechar os ollos coma se non pasara nada. (Caso de Gana, cos desperdicios informáticos. Ver Imaxe 2).
  • Utilizando os recursos naturais sen intereses ocultos ou perxudiciais.
  • ...
Imaxe 2

Se puxéramos estas accións en práctica e reflexionáramos sobre este asunto, non teriamos a necesidade de consumir desa maneira desenfreada que é o que se nos quere inculcar.






No hay comentarios:

Publicar un comentario