27/10/13

Resumen charla fundación Fragas do Mandeo

Na actualidade Hai realmente poucos espazos naturais e protexidos, sobre todo en europa xa que este tipo de terrenos comezaronse a ver a principios do siglo pasado. En concreto, España é dos paises desembolvidos que menos terrenos ten destas características, sendo Galicia unha das comunidades autónomas que menos paraxes naturais protexidos ten, destacando o parque natural das illas atlánticas e a Riveira sacra. É por iso que cada vez máis asociacións e fundacións sen ánimo de lucro como a Fundación das Fragas do Mondeo se compromete a coidar e rexenerar áreas olvidadas pola administración as cáles son un gran refuxio para os nosos bosques autóctonos e a súa biodiversidade. Gran parte da fauna e ecosistemas galegos depende destes bosques que agora se ven apartados a lugares á riveira de ríos e zonas inaccesibles onde a extracción de madeira non e rentable. Estas asociacións de tinte ecoloxista subsisten grazas a doazóns tanto de particulares coma de empresas privadas e de rastrillos dos cales os productos tamén proceden de doazóns ou das propias casas dos participantes nestas organizacións, os cales poñen todo o seu empeño e tempo libre en rexenerar estas zonas polo ben do patrimonio natural galego. A súa actividade centrase en diversas áreas destacando a eliminación de especies invasoras e a repoboación de areas seriamente danadas,as cáles son adquiridas mediante acordo cos propietarios ou a compra. Grazas a este tipo de organizacións moitos ecosistemas únicos sobreviven na actualidadea deforestación de a actividade do Home. javascript:;

No hay comentarios:

Publicar un comentario