3/10/13

Unha opinión moi subxetiva sobre a obsolescencia programada.


   Dende o meu punto de vista estase a vivir con un gran problema medioambiental, xa que se están a consumir a meirande parte dos recursos deste planeta dunha forma descontrolada, e por se fose pouco con roubarlle os recursos o planeta agradecémosllo tirando os residuos que nos sobran de forma indiscriminada contaminando ecosistemas naturais.
   A maioría dos mencionados residuos están ligados a problemática da obsolescencia programada, este sistema comezou a utilizarse nos anos 30, cunha gran revoución industrial e as producións en serie. Ten por obxectivo dotar os produtos dunha vida útil curta para forzar o consumidor a mercar outro, o que nos leva a gastar mais recursos e xerar mais lixo.
   Unha vez visto o problema toca buscar o ou os culpables. Según o documental Comprar, Tirar, Comprar de TVE, as grandes empresas son as causantes de tal problema, pero a min dende a miña forma de ver as cousas teñen moita culpa pero non toda, de feito, creo que lles corresponde a menor parte coma un 20%. Se observamos a calquera pequeno empresario ou autónomo dos que nos rodea vemos que intenta lograr o maior beneficio co menor esforzo posible “igual que o fariamos calquera de nós”, e as grandes empresas fan o mesmo, a diferencia está en que elas non levan a cavo as tarefas de reciclaxe dos produtos usados  da maneira que deberían de facelo. Son empresas nas que os seus directivos non teñen conciencia nin moral e o único que lles importa é o poder que por desgracia está nos cartos.
   Por encima das grandes empresas como culpables poría os gobernantes cun 30% de culpabilidade. Gracias a eles os empresarios poden buscar medidas legais para poder desfacerse do lixo que lles sobra co menor custo posible, aínda que elo supoña a contaminación dun país no terceiro mundo.
   Por último os máis culpables cun 50% eu creo que somos toda a sociedade en xeral. Creo así porque só pensamos en consumir, a maior obsesión das persoas e ter obxectos que moitas veces non serven para nada pero como llo vimos a un veciño pois nos tamén o queremos aínda que só sexa pa ensinar. Só sabemos comprar, tirar e comprar, vendéronnos unha dinámica de consumo que nós aceptamos e a cal nos acostumamos facilmente sen pensar nas consecuencias futuras nin tampouco se estamos prexudicando a alguén.

   Estamos nun mundo rexido pola sociedade de consumo e o benestar, na que ninguén quere perder os seus privilexios custe o que custe. E como dicía no documental iso anos levar a idade de pedra, aínda que eu non sei se tal cousa pasará ou non, pero o que si sei é que como o sistema non torne de dirección, alguén a pagar as consecuencias deste despilfarro.              

No hay comentarios:

Publicar un comentario