27/10/13

Fragas do Mandeo

Nas últimas décadas Galicia estase vendo afectada por unha serie ameazas contra a súa natual biodiversidade. Destaca, sobre todo, a sustitución de especies forestais autóctonas por eucaliptos ou piñeiros que compiten con estas polos nutrintes e o sustrato. Tamén, soltas de diferentes especies animais ou abandono de mascotas de orixe exótico afectan negativamente á fauna propia destas terras.

Para intentar solventar na medida do posible esta situación nace a fundación sen ánimo de lucro Fragas do Mandeo, que leva políticas de repoboación de especies autóctonas, control de especies animais e preservación do medio e o entorno natural. Pero esta é unha ardua tarea xa que o seu capital básease en doazóns voluntarias ou en recolectas grazas a actividades propostas polos membros da fundación. Por outra banda, a tarefa de reforestar as zoas protexidas con árbores autóctonas e moi difícil debido ao carácter minifundista do monte galego, xa que está divido en moitas parcelas moi pequenas e con diferentes donos, polo que facerse con elas un proceso lento e custoso. 

Pouco a pouco esta fundación conta con máis socios e voluntarios e esta comezando a obter os seus froitos xa que xa empesa a haber zonas repoboadas e mais respetuosas co medio ambiente e ca biodiversidade galega. Ainda así ainda queda moito camiño or andar xa que pese a estes esforzos, a nosa comunidade segue estando moi á cola a nivel español e europeo con respecto a zonas protexidas e reservas da biosfera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario