2/10/13

Opinión sobre a obsolescencia programada

A obsolescencia programada basase en acortar a vida útil dos aparellos eletrónicos entre outros, mediante uns "sensores" que ó aparello chegar a un número determinado de horas, este deixa de funcionar (vólvese obsoleto) con o único motivo de adquirir un novo, debido a que non che dan a oportunidade de arranxalo e case tes a obrigación de comprar outro.
Gracias a esto, conseguiuse crear unha conciencia autodestructiva (cara a sociedade e a natureza) na que o primordial e consumir sen sentido, seguir absurdas modas e creer toda a publicidade das grandes empresas, sen importar as consecuencias que este consumismo desmesurado ten sobre o medio e sobre os países pobres nos que se levan os aparellos que xa quedaron obsoletos, e incluso se explotan para producilos.
Na miña humilde opinión, creo que o principal problema é o sistema capitalista, que se basa nesta técnica para poder comercializar todos os productos posibles e adquirir o maior beneficio, polo que a solución sería moi sinxela: cambiar o sistema de base e radicalizar a sociedade contra este tipo sistema para que nun futuro non volva facerse con o control da producción mundial, ademáis da economía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario