26/10/13

CHARLA NO IES DE ARZÚA. FUNDACIÓN FRAGAS DO MANDEO 25/10/2013

O pasado venres 25 de outubro recibimos a visita de Carlos R. Silvar, un dos compoñentes da Fundación Fragas do Mandeo (entidade de custodia do territorio que ten como fin a preservación da biodiversidade na comarca coruñesa de As Mariñas).


1. Logo Fundación Fragas do Mandeo
Por CUSTODIA entendemos intentar manter un territorio en bo estado de conservación natural polo tento o que tratan nesta Fundación é conseguir terreos que non sexan productivos economicamente, que sexan inaccesibles (que teñan malas vías de acceso) xa que son os que maior nivel ecolóxico presentan para recuperar a flora e fauna autóctona do lugar. De feito na actualidade están inmersos na loita ca Administración por poder acceder ao Banco de Terras de Galicia (para ter a oportunidade de comprar ou alquilar por uns anos terreos desas características).Unha vez que teñen algún terreo á súa disposición tratan de cortar as especies invasoras que poidan existir nel e a partir de aí darlle unha nova vida a ese terreo deixando que a natureza cree por sí mesma.

As actividades que desenvolve esta Fundación desempéñanas gracias ao VOLUNTARIADO. Un grupo de xente (nun principio algunhas asociacións sen ánimo de lucro coma "Sociedade galega", "Hábitat" ou "Rabo do galo" entre outras) xuntouse cun único fin, COIDAR DO MEDIO NATURAL. Para conseguir fondos e poder subsistir necesitan de toda a aquela xente que poida aportar un dote económico ou material (xa que organizan varios rastros e o que acadan cas vendas de productos doados serve para conservar indefinidamente eses terreo
s de gran nivel ecolóxico).

2. Bota unha man
Que podemos sacar cada un de nós SE COLABORAMOS?

  -->Colaborando con esta Fundación podemos sentirnos orgullosos de estar axudando a preservar a nosa flora e fauna orixinal, aínda que sexa en sitios concretos.

 -->Ao ter a denominación de Fundación, teremos un desconto na nosa declaración do IRPF.

 -->Son profesionais da Natureza, podemos consultarlles como coidar dos nosos lugares e preservar as distintas especies que hai neles.


CADA XESTO QUE LEVEMOS A CABO IMPORTA E ESTAREMOS AXUDANDO AO NOSO MEDIO.


Para máis información e contacto: http://www.fragasdomandeo.org/?lang=es

Imaxe1:http://baiaedicions.net/editorial/dous-anos-de-fragas-do-mandeo/
Imaxe2:http://aerogeneradores-energia-eolica.blogspot.com.es/2012/08/como-cuidar-el-medio-ambiente.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario