3/10/13

Comprar, tirar, comprar

Comprar, tirar, comprar é un documental dirixido por Cosima Dannoritzer, no que se explican os fundamentos das economías de mercado da sociedade de  consumo, no modelo económico capitalista e na obsolescencia programada como arma para un crecemento infinito.
A obsolescencia programada crea productos de corta vida para así garantir que se sigan mercando máis e máis ata amorear montóns e montóns de productos inservibles, lixo.
En Comprar, tirar, compra mostranse os inicios da obsolescencia programada, co cartel de bombillas Phoebus, exemplos de grandes empresas que se basean neste método de produción e tamen as grandes consecuencias que ten para o medio ambiente e como convertimos a países do 3º mundo en vertedoiros xigantescos. Como posibles solucións, Serge Latouche propon unha sociedade de decrecemento cun cambio no sistema de produción, mentres outros abogan por non cambiar o sistema senon que cambiar os productos que seguirian a ser de corta vida pero biodegradables.
http://www.melior.is/sites/default/files/articulo/destacado/obsolescencia_programada_01.JPG

Na miña opinióm o documental está moi ben e moi didáctico e é deses que te sensibilizan, pero tamen me parece que non profundizasuficiente no modelo capitalista (non se menciona o xigante asiatico China por exemplo) e como utiliza a obsolescencia programada para non quedar el obsoleto tampouco menciona nada de que a economía controla á política e mentras esto non cambie...
Como conclusión, a cita de Gandhi que sae no documental 
"O mundo e suficientemente grande para satisfacer as necesidades de todos, pero sempre será moi pequeno par satisfacer a avaricia de algúns".

Enlace para ver o documental:


No hay comentarios:

Publicar un comentario