2/10/13

Obsolescencia programada




  

Obsolescencia Programada...
http://www.forocoches.com/foro/showthread.php?t=1330660&page=3

   Cando escoitamos estos termos, o primeiro que se nos vén á cabeza son os aparatos eléctricos e sobor de todo os electrónicos, as lavadoras nas que fallan os programadores dixitais, os "cassetes" dos coches nos que falla o CD...Sempre xusto despois de que se termine a garantía. ¿Casualidade...? Non tal.
    Non só nos ditos aparatos se basean as grandes multinacionais para aumentar as súas gañancias facendonos gastar en renovar equipos. Tamén en cousas máis sinxelas do día a día atopamos a bendita obsolescencia.
   ¿Quen non mercou unha peza de roupa "boa" e ó pouco tempo estaba descosida, tiraba boliñas ou estaba deformada...? ¿Tedes na casa traxes dos vosos avós ou de vosos pais cando eran novos? Buscadeos e comprobaredes a calidade das costuras e das teas, nin punto de comparación. Aquela roupa sí duraba, seguro que hoxe están aínda coma novos. Eu aínda teño vestidos "vintage" que foron de miña nai cando era moza e están impecables, e outros novos meus que non valen nin para trapos.
 Este ano, o que me está a romper a cabeza, aínda que vos pareza mentira, é un simple crebanoces. Na casa teño algún antigo, de ferro, vellos pero utilizables. Por non danalos merquei un dos novos e duroume dous días.¡Levo tres crebanoces no que vai de ano! Agora fannos con calamina, non con ferro nin aceiro inoxidable, có resultado de que ó minimo esforzo unha das pancas parte ó medio e non ten remedio, non hai soldadura que valla. Remedio, vas mercar outro. Non importa que vaias ós "chinos" ou vaias a unha ferraxería das de toda a vida, é o mesmo crebanoces o que che van vender, a única diferencia é o prezo que has pagar por él.
   Así, tantas e tantas cousas do día a día e que non estamos a ter en conta.
   Outro tema interesante derivado deste é o dos refugallos, sobor de todo os electrodomésticos. Ben, se tí tiras unha cousa porque NON FUNCIONA, cómo se vai entender que se a mandas para Äfrica de "segunda man" vai funcionar...¿Hai acaso un intermediario que se adica a amañar contedores e contedores destes aparellos para mandalos? E, de ser así, ¿non sería mellor volver a poñer eses aparatos á venda, a un menor coste, que votalos ó lixo? Sería unha opción a ter en conta...
  Xa non se trata de facer, coa publicidade, que o consumidor sinta a necesidade de ter cousas ou de telas máis modernas, senón de obligalo a ter que mercalas para beneficio único das grandes empresas.
Bolso   Nos tempos de crise que corren, a xente vai aprendendo a "reciclar" e "reutilizar". ¿Vistes a marabilla de bolsos que se fan coas chapas das latas? ¿Os pneumáticos reutilizados como xardineiras nos xardíns? ¿As "xoias" feitas coas cápsulas baleiras do café?... Todo isto axuda a xerar menos lixo e a mellorar a contorna, ó mesmo tempo que é funcional e aforra cartos.
   Ben, amigos e amigas. Son pequenas tonterías que non solucionan o mundo, pero que levan a pensar que todos temos algo que o pode mellorar para deixarlle algo mellor as próximas xeracións.

Imaxe bolso:http://monicasastre.eu/blog/2012/11/17/anillas-de-latas                                                      Imaxerodas:http://decoracion2.com/etiqueta/jardinera/

Imaxe colar: http://www.manualidadesfaciles.es/video-como-hacer-rosas-con-capsulas-de-nespresso/

No hay comentarios:

Publicar un comentario