2/10/13

Obsolescencia programada

A obsolescencia programa consiste en acurtar a duración dunha ampla variedade de obxectos.

Estou en contra dela, xa que os únicos que obteñen beneficios son as empresas que programan estes obxectos para que deixen de funcionar, aumentando así o número das súas ventas e polo tanto a súa economía.
Que obxectos que deberían funcionar durante un período longo de tempo se programen para que deixen de facelo, por unha parte supón un gasto que sería innecesario se as empresas que os construíran non pensaran unicamente no seu propio beneficio, sobre todo nos obxectos que se necesitan no día a día, de tal maneira que si esta programación non existira influiría notablemente na economía de moitos. Por outra banda, todos os obxectos que deixan de funcionar reducen os espacios naturais, xa que pasan a ser usados para verter toda a basura na que se convirten aumentando a contaminación, que finalmente para quen vai ser perxudicial é para todos nós.
Polo que considero que está en mans de todos concienciarnos do que é a obsolescencia programada para poder acabar con ela.

Imaxe en: http://www.coiim.es/revista/Articulos/53_Art.%20Obsolescencia%20Programada.aspx

No hay comentarios:

Publicar un comentario