30/9/13

Obsolescencia programada (ata que punto vamos a chegar)


A obsolescencia programada, basa sobre a duración da vida dos obxectos, dende roupa (medias …) ata instrumental eléctrico (impresoras, móbiles, bombillas …), dándolles así unha data de caducidade para un beneficio mutuo sen pensar nos danos que este pode chegar a causar ou orixinar.



Permítome a min mesmo dar a miña opinión ao igual que eles se permiten beneficiarse da sociedade, dando así o meu punto de vista exterior e ao mesmo tempo interior xa que nestes momentos estou a usar un obxecto de vida programada.

Nestes momentos se algo me surge son cuestións e máis cuestións, pero principalmente sobre o dano que están a xerar con dito “aproveitamento económico social”.

Acaso a electrónica e un produto comestible que ao non consumilo pode chegar a xerar podredume, e para evitalo surge unha data de caducidade?Ou simplemete e un beneficio empresarial para ingresar diñeiro a cambio do benestar de algunhas persoas, sen pensar nos danos que lle chegan a producir a outras nas cales inclúese a natureza e a fauna?

Isto leva a unha suposta conclusión, se ditos obxectos programados durasen multitude de anos, necesitaríamos menos medios económicos, o que daría lugar a cese de beneficios empresariais = máis paro, menos beneficios pero … “máis vida”, ambas supótesis van ligadas entre si, mal para as empresas produtoras e mal para a cidadanía. Pero creo que non vale a pena por en risco o benestar de persoas alleas ao beneficio e uso de ditos produtos que sen comelo nin bébelo poñen en risco as súas vidas, e como non, danando a natureza e fauna.



No hay comentarios:

Publicar un comentario