29/9/13

A obsolescencia programada: unha estratexia comercial

O documental explica por qué todos os produtos se fabrican con “data de caducidade”, o que significa que ao pouco tempo de compralo, vólvese inútil e temos que mercar outro máis novo e supostamente mellor, aproveitándose da ignorancia do consumidor.


A obsolescencia programada por unha parte conta con varias vantaxes :
  • Xenera emprego aínda que ahora en menor medida.
  • Prodúcense novos produtos.

Pero os inconvintes son maiores:
  • Sobreexplotación dos recursos e todo o que isto conleva como contaminación do medio ambiente, reducción da biodiversidade, acumulación de gases de efecto invernadoiro.
  • Países subdesenvolvidos como Ghana teñen que vivir coa basura de países desenvolvidos.
  • Recursos limitados do planeta.
  • Os produtos perden valor.



Na miña opinión esta práctica comercial cada día é máis común nas empresas pero ten a súa razón de ser, posto que é utilizada para que as ventas sexan maiores. Sen embargo, tamén hai empresas que optan por fabricar un producto máis duradeiro. É certo que a obsolescencia programada é diferente para uns produtos e outros. Por exemplo, se mercamos unha lavadora o que queremos é que dure o maior tempo posible, pero se se trata dun móvil, en principio non nos importa tanto que dure moito ou non, posto que o máis habitual na actualidade é que compremos outro nun período de tempo máis ben curto.

Eu creo que si as empresas optaran por un producto máis duradeiro, poderían conseguir un certo prestixio social e poder poñer así un prezo máis alto aos seus produtos. Outra solución sería obrigar as empresas a que recollan os aparatos que non teñen vida e con eses mismos crear outros novos, tal e como fai o ciclo da natureza, ademáis sería necesario que buscaran técnicas para reducir a contaminación.

En definitiva a obsolescencia programada é unha estratexia comercial enganosa que nos quere facer crer que somos máis felices por comprar máis e que cada vez que se actualiza o produto vai a ser de mellor calidade, cando en realidade é todo o contrario.

               

No hay comentarios:

Publicar un comentario