29/10/12

Visita guiada a Santiago


Boas,son alunno de primeiro curso do ciclo superior de foretais no instituto ies Arzúa,o curso de primeiro está composto por oito módulos e un destes módulos é Educación Ambiental.Como complemento desta asignatura o pasado 16 de outubro fixemos unha visita guiada á zona vella de Santiago de Compostela, co fin de coñecer un pouco o traballo dun guía do patrimonio para así poder ter unha orientación de como podemos enfocar unha visita guiada,ainda que noso caso non será unha ruta do patrimonio senon que a nosa será ambiental.

A visita comeza no cemiterio de Bonaval,porque dende alí temos unha vista de gran parte da cidade.Dende aquí comezamos a visita a zona vella que vai  ser un percorrido por parte da cidade na que a guía(unha rapaza chamada Nuria) nos vai explicando como se fundou a cidade,como vivian daquela,que traballos facían, como foi evolucionando a cidade,etc.

A min a visita gustoume porque a guía contou moitas cousas que non sabía ou non sabía con tantos detalles,a pesares de que vivin varios anos en Santiago.

A visita estivo ben estructurada e organizada por parte da guía, xa que nos ía contando a historia e a evolución da cidade segundo os monumentos ou edificios que estaban ao longo do percorrido,o que facilitou moito a comprensión da visita e non se convirte nunha morea de nomes,datas e información que se fai moi difícil de asimilar.

As explicacións que nos deu Nuria eran claras,moi resumidas para que fose doado quedarse co máis importante e non un bombardeo de datos que o final nos resultaría moi pesado,oa mesmo tempo que perderiamos a motivación pola visita.Parecía que coñecía ben o que nos estaba a contar e que tiña bastante controlado as explicacions,xa que cando lle preguntábamos algo ela respondía con seguridade e daba a sensación de que tiña amplos coñecementos sobre Santiago e a súa evolución ao longo dos anos.

Para apoiar as explicacións reparteunos uns planos da cidade do século X ou XI,que nos permitía situarnos mellor(no tempo e no espacio) e comprender dunha maneira máis clara todo o que nos ía contando sobre a cidade naqueles tempos e a súa evolución.Ademáis do plano tamén empregou unas pinturas( de reises e xente importante do momento),durante as explicacións no claustro da catedral.Penso que estos recursos que empregou foron útiles e axudáronnos a ter unha mellor comprensión da visita ao mesmo tempo que a fai máis amena.A maneira de enforcar a visita estaba ben organizada e estructurada o que fixo que fose entretida e sobre todo moi didáctica.

A guía tibo en todo momento un carácter agradable e amable e disposta sempre a dar explicacións as nosas preguntas e preocupabase de que nos quedaran ben claras as explicacións,intentando que rematáramos a visita satisfeitos polo seu traballo.

Como resumo puntuaría a visita cunha nota alta,tanto polo contido como pola guía.
Estas son algunas fotos que nos serven para facer un resumo da visita.














No hay comentarios:

Publicar un comentario